A Real Academia Galega de Ciencias deu a coñecer este martes 12 de marzo as actividades que vai desenvolver con motivo da homenaxe a Frei Feijoo no Día do Científico Galego. Serán actividades a desenvolver de xeito tradicional (presencial) pero tamén haberá accións cunha clara vertente dixital. Como lembraremos, o pensador e ensaísta Benito Jerónimo Feijoo Montenegro, máis coñecido como Pai Feijoo (ou Frei Feijoo), será o protagonista este ano da devandita xornada logo de que a RAGC aprobase por unanimidade a súa elección polo "seu esforzo defensor e impulsor da nova ciencia baseada na razón e na experiencia e polo seu espírito crítico á hora de cuestionar dogmas e espallar as ideas científicas". Foi, en boa medida, un escéptico en relación coa ciencia dogmática que defendía a Igrexa e en relación tamén ao papel secundario da muller.
Aínda que o acto académico conmemorativo celebrarase o 23 de abril, data na que foi publicada en 1977 a constitución da RAGC no Diario Oficial de Galicia, grazas á colaboración da Fundación Barrié as actividades de difusión estenderanse ao longo de todo o ano, con especial atención á comunidade escolar.
É a sexta ocasión en que a RAGC celebra a devandita xornada. O seu obxectivo é homenaxear as figuras máis destacadas da Historia da Ciencia, "difundindo a súa contribución para que a opinión pública poida percibir, a través dos exemplos máis destacados do pasado, o prestixio actual da investigación en Galicia e a necesidade de investir recursos nela para que o seu potencial sexa cada vez maior de cara ao futuro".
En anteriores, como recordaremos, conmemorouse as figuras do matemático Enrique Vidal Abascal, do xeógrafo Isidro Parga Pondal, do enxeñeiro agrónomo Cruz Gallástegui, do astrónomo Ramón María Aller Ulloa e do químico Antonio Casares. O homenaxeado este ano será por primeira vez un home de letras.
Ademais de organizar actividades específicas para achegar a figura de Feijoo á comunidade escolar e ao gran público en varias localidades galegas, a Fundación Barrié presentará diverso material tecnolóxico para dar conta da súa contribución, entre o que se inclúe unha unidade didáctica dedicada a el e ao seu legado, que será distribuída en todos os centros de ensino de Galicia. Esta colaboración enmárcase en educaBarrié, a canle en liña de ensino da Fundación Barrié.
martes 12 de marzo do 2013, por

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.