Antonio García Teijeiro
Ilustraciones de RuAn
Col. Tartaruga
Col. Tartaruga
Ed. Galaxia. Vigo, 2008
Reedición con novas ilustracións
Reedición con novas ilustracións
Conxunto de vinte e tres poemas, na súa maior parte cuartetas afables, como caricias líricas.
Dende o neno que dorme alegre e soña ser cabalo, ser roseira, ser pallaso, ser outono... ata o vello que lle canta á lúa para que lle fale de amores e dela marcha silenciosa. Son versos de amor do río e as pedras, da nena loura, que camiñaban polo bosque e os prados, do piollo e a pulga, da lúa e o sol. Son amores campesiños e mariñeiros. Son sonos como as tres mínimas gotas da fonte que se converten en tres fadas de inverno, as tres bágoas de escuma da pastora soa no monte ou os tres nenos bolboretas do vento mollado esta noite: polo medo ou polas gotas da fonte? É a maxia das letras do barquillo que o mozo fixo cun xornal, que se foi ao fondo porque pesaban moito as noticias. Pero el salvou as letras e con elas fixo un conto. Ata que chegue a sombra que rompe os sonos.
Entón o rato diralle á luna:"Nunca reparas en min; / por iso vivo na rúa / metido nun calcetín".
36 p -16x19 cm
ISBN 978-84-9865-101-0
Fonte: BLIX
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.