

CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías








A primeira delas, que terá lugar o xoves e venres 8
e 9 de abril de 17:00 a 21:00 horas, virá da man da contadora viguesa ANA FACCHINI, que nos traerá o
seu espectáculo "CONTOS POR TELÉFONO".
Contos por teléfono! Última chamada!
Aínda non reservaches a túa praza!
A que esperas?
Só tedes que facer a reserva, xa que as PRAZAS SON LIMITADAS, e teredes unha historia especialmente pensada para vós, ao outro lado do fío.
Esta actividade recolle a idea da coñecida
obra de Gianni Rodari e nace a partir da participación da
contadora nun proxecto de voluntariado, dirixido aos maiores e diversos
colectivos en risco de exclusión social, para acompañalos nos duros momentos de
soidade e confinamento vividos pola COVID-19.
Na tradición máis antiga as comunidades escoitaban contos e lendas arredor dunha lareira. Os tempos mudaron e hoxe o encontro prodúcese a través de pantallas e teléfonos, pero a maxia das historias compartidas, esa, permanece e sempre, sempre será a mesma.
A sesión iníciase cun xogo introdutorio, que procura a complicidade co oínte, seguido da narración propiamente dita e unha fórmula de despedida que convida a descubrir novos mundos e aventuras a través dos libros.
As persoas interesadas deberán achegarse á biblioteca entre o 26 de marzo e o 7 de abril, ou chamar ao teléfono 986 497 273, en horario de 09:00 a 14:00 horas, para inscribirse na actividade e escoller a hora aproximada á que queren recibir o seu conto.
Ana Facchini levaravos a un tempo e a un espazo máxicos, os da infancia e os soños, nos que con cada historia se nos propón unha viaxe diferente.
E hai historias e viaxes para todas e todos, GRANDES, Medianos e pequenos, porque esta é unha proposta dirixida ao público de calquera idade, desde os 5 aos 150 anos.
ANÍMATE!!!
PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!
ESPERÁMOSTE!!!






Neste espectáculo de maxia online a través da plataforma Zoom varios magos de diversos puntos da xeografía española farán as delicias dos nenos e nenas cos seus xogos de maxia.
Con "A HORA MÁXICA" promovese a cultura segura xa que os asistentes poderán gozar e participar dun show en vivo e en directo sen saír das súas casas, aulas, etc.
Un espectáculo divertido, participativo, máxico, ilusionante, sorprendente e, sobre todo, seguro.
PARTICIPA DAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!
ESPERÁMOSTE!!!





Con esta actividade organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos para este mes de marzo de pandemia do 2021 queremos seguir conmemorando o DÍA MUNDIAL DEL TEATRO.
"A HORA MÁXICA" é un espectáculo de maxia online a través da plataforma Zoom na que magos de diversos puntos da xeografía española farán as delicias dos nenos e nenas cos seus xogos de maxia. Desta forma promovese a cultura segura na que os asistentes poderán gozar e participar dun show en vivo e en directo sen saír das súas casas, aulas, etc., cumprindo os requisitos que caracterizan a este espectáculo: divertido, participativo, máxico, ilusionante e, sobre todo, seguro.
En definitiva, un espectáculo seguro, divertido, participativo, máxico e sorprendente.
PARTICIPA DAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!
ESPERÁMOSTE!!!





