xoves, 18 de marzo de 2021

"XOGUEMOS A POETIZAR" con Miguel Angel Alonso Díz para conmemorar o Día Mundial da Poesía


Seguimos cos eventos do mes de marzo cun Obradoiro de Poesía para conmemorar o DÍA MUNDIAL DA POESÍA que se celebra en todo o mundo o 21 de marzo de cada ano.

O obradoiro "XOGUEMOS A POETIZAR" terá lugar o Martes 23 de Marzo ás 13:00 horas no Auditorio do Concello e será realizado polo escritor galego nacido en Madrid, residente en Vigo, e con raíces en Moscoso (Pazos de Borbén) MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ

Neste obradoiro a través da poesía introduciranse diversos temas con perspectiva de xénero como a igualdade ou o acoso escolar, entre outros. A través da creación poética do propio alumnado e da análise de letras de cancións, e versos de poetas, sobre todo de Galicia, trabállanse dun xeito transversal os temas antes expostos. 

Traballo individual e en grupo co soporte de vídeos, cancións e imaxes e dunha forma eminentemente práctica ensinar diferentes camiños na creación dun poema.

A pretensión deste obradoiro é acadar os seguintes obxectivos: educar nos valores de igualdade, diversidade e respecto aos demais; fomentar a creatividade; asociar a aprendizaxe ao xogo; traballar vocabulario na nosa lingua; pór en valor a poesía como ferramenta transformadora da realidade e elemento moi válido para a aprendizaxe; fomentar a lectura de poesía e o uso da imaxinación; e dotar ao alumnado de novas ferramentas que lles permitan ver a realidade dun xeito diferente. 

Están convidados a esta actividade os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos cos seus mestres.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger