Amosando publicacións coa etiqueta Día Mundial da Poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día Mundial da Poesía. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de marzo de 2021

"XOGUEMOS A POETIZAR" con Miguel Angel Alonso Díz para conmemorar o Día Mundial da Poesía


Seguimos cos eventos do mes de marzo cun Obradoiro de Poesía para conmemorar o DÍA MUNDIAL DA POESÍA que se celebra en todo o mundo o 21 de marzo de cada ano.

O obradoiro "XOGUEMOS A POETIZAR" terá lugar o Martes 23 de Marzo ás 13:00 horas no Auditorio do Concello e será realizado polo escritor galego nacido en Madrid, residente en Vigo, e con raíces en Moscoso (Pazos de Borbén) MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ

Neste obradoiro a través da poesía introduciranse diversos temas con perspectiva de xénero como a igualdade ou o acoso escolar, entre outros. A través da creación poética do propio alumnado e da análise de letras de cancións, e versos de poetas, sobre todo de Galicia, trabállanse dun xeito transversal os temas antes expostos. 

Traballo individual e en grupo co soporte de vídeos, cancións e imaxes e dunha forma eminentemente práctica ensinar diferentes camiños na creación dun poema.

A pretensión deste obradoiro é acadar os seguintes obxectivos: educar nos valores de igualdade, diversidade e respecto aos demais; fomentar a creatividade; asociar a aprendizaxe ao xogo; traballar vocabulario na nosa lingua; pór en valor a poesía como ferramenta transformadora da realidade e elemento moi válido para a aprendizaxe; fomentar a lectura de poesía e o uso da imaxinación; e dotar ao alumnado de novas ferramentas que lles permitan ver a realidade dun xeito diferente. 

Están convidados a esta actividade os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos cos seus mestres.

martes, 4 de abril de 2017

ANIMACIÓN Á LECTURA - OBRADOIRO POESÍA VISUAL CON DAVID FERNÁNDEZ RIVERA

Seguimos coas actividades de Animación á Lectura en BIBLIOPAZOS e conmemoraremos o DÍA MUNDIAL DA POESÍA que se celebrou o pasado 21 de marzo e tamén o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL que foi o pasado 2 de abril.






O Venres día 7 de abril, e para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL estará con nós de novo no CPI "Curros Enríquez" de Pazos ás 10:30 horas o poeta DAVID FERNÁNDEZ RIVERA co seu Obradoiro de POESÍA VISUAL "Proxecto Caligrama".

Un obradoiro para levar o interior da creación poética aos máis pequenos e no que os nenos viaxarán a través da súa propia imaxinación para interpretar e crear poesía dende o universo infinito da poesía visual.

Ao remate do obradoiro os nenos acabarán realizando de modo grupal un poema visual de creación propia.

Nesta ocasión contaremos coa presencia dos alumnos de 5º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.


Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través do programa PONTEGAL.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

venres, 24 de marzo de 2017

OBRADOIRO DE POESÍA VISUAL: PROXECTO CALIGRAMA - Animación á Lectura

Seguimos coas actividades de Animación á Lectura en BIBLIOPAZOS e desta vez celebraremos o DÍA MUNDIAL DA POESÍA e o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL que se conmemoran en todo o mundo os días 21 de marzo  e 2 de abril, respectivamente.


Nesta ocasión teremos con nos o Venres día 31 de marzo, na Sala de Lectura da Biblioteca ás 12:30 horas ao poeta DAVID FERNÁNDEZ RIVERA co seu Obradoiro de POESÍA VISUAL "Proxecto Caligrama" que estará dirixido aos alumnos de 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Hai poucas cousas tan especiais coma a de levar o interior da creación poética aos máis pequenos.

Os nenos viaxarán neste obradoiro a través da súa propia imaxinación para interpretar e crear poesía dende o universo infinito da poesía visual.

Ao remate desta aventura, e cunha nova visión crítica e persoal da realidade, os nenos realizarán de modo grupal un poema visual de creación propia.


Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través do programa PONTEGAL.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

mércores, 22 de marzo de 2017

CELEBRACIÓN DO DÍA DA POESÍA CON ASPAVI

Onte DÍA MUNDIAL DA POESÍA, celebrámolo na Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BIBLIOPAZOS cos alumnos de ASPAVI. 


Comenzamos coa lectura das poesías que cada un deles traían preparadas: Eva, Nico, Rita, Adán, Curro, David, Paulino, Mari Bego e Begoña deleitáronnos cuns bonitos poemas e o fixerónno moi ben.

Mirade nestas fotos que serios estaban.




Continuamos a sesión lendo poesías de  Rosalía Morlán, Xosé Neira Vilas e Manoele de Felisa, recollidas nos libros-CD "Cantos de Lembranza" e "Canta a lúa coas estrelas".

 




E finalizámola escoitando as poesías musicalizadas na voz de Manoele de Felisa. Paga a pena escoitalas. Tedes dispoñibles na biblioteca os libros-CD.

Para rematar esta noticia deixovos as preciosas poesías que escribiu e leu David e que adicou a súa avoa e a súa moza:

MELANCOLÍA

Me siento a veces triste
como una tarde del otoño viejo
de enfermedades sin nombre
de penas melancólicas tan lleno
mi corazón entonces vaga
junto a las tumbas de los muertos
y me acuerdo de historias tristes
sin poesía, historias que tienen
casi blancos mis negros cabellos.

EL MAR

El mar es azul
como un baúl
lleno de peces.

El mar te hace amar
en él te puedes sentir como un calamar
en el que también puedes descansar
el mar también te hace soñar
y, a veces, cuando estás nadando sobre él
sientes en las olas un cosquilleo que te hace bailar
encima de un autocar.

El mar es adrenalina 
cuando haces surf en el te sientes ligero
como una pluma
que parece una novela de Alejandro Dumas
en el que no hay escamas
ni tampoco damas
con alas.   
    
Autor: David Blanco Pumar

 

martes, 14 de marzo de 2017

ACHEGAR Á INFANCIA O MUNDO DA POESÍA MUSICALIZADA - Animación á Lectura

En BIBLIOPAZOS iniciamos as actividades de Animación á Lectura deste ano 2017 cunha actividade para celebrar o DÍA MUNDIAL DA POESÍA que se celebra en todo o mundo o día 21 de marzo pero que nos o celebraremos un día antes.


O Luns día 20 de marzo, ás 13:00 horas no Auditorio do Concello, e para conmemorar o DÍA MUNDIAL DA POESÍA teremos con nos ao cantautor galego MANOELE DE FELISA co seu espectáculo de dinamización con música, teatro e danza "Achegar á infancia o mundo da poesía musicalizada".

Unha actividade para achegar aos cativos e cativas o mundo da poesía a través das súas interpretacións musicais e dalgunha sorpresa lúdica para manter a súa atención e facerlla máis atractiva.

Para a asistencia a este evento temos invitado aos nenos e nenas de de 1º e 2º de Primaria e de Educación Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e aos da EEI "A Galeriña" de Nespereira.


Esta actividade forma parte do programa LER CONTA MOITO promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger