venres, 24 de marzo de 2017

OBRADOIRO DE POESÍA VISUAL: PROXECTO CALIGRAMA - Animación á Lectura

Seguimos coas actividades de Animación á Lectura en BIBLIOPAZOS e desta vez celebraremos o DÍA MUNDIAL DA POESÍA e o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL que se conmemoran en todo o mundo os días 21 de marzo  e 2 de abril, respectivamente.


Nesta ocasión teremos con nos o Venres día 31 de marzo, na Sala de Lectura da Biblioteca ás 12:30 horas ao poeta DAVID FERNÁNDEZ RIVERA co seu Obradoiro de POESÍA VISUAL "Proxecto Caligrama" que estará dirixido aos alumnos de 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Hai poucas cousas tan especiais coma a de levar o interior da creación poética aos máis pequenos.

Os nenos viaxarán neste obradoiro a través da súa propia imaxinación para interpretar e crear poesía dende o universo infinito da poesía visual.

Ao remate desta aventura, e cunha nova visión crítica e persoal da realidade, os nenos realizarán de modo grupal un poema visual de creación propia.


Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través do programa PONTEGAL.


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger