¡Un can no piso!
Fina Casalderrey
Ilustracións de Kristina Sabaite
Col. Árbore. Os Duros, 35
Ed. Galaxia. Vigo, 2010
Idade recomendada: + 6 anos
Haiche persoas moi distintas e peculiares, algúns teñen un can no seu piso.
¡Un can no piso!, berraron ao tempo papá e mamá... ¡Nin que topasen cunha serpe velenosa!
Pero Ton é unha bola de pelos que non fai mal a ninguén...
Conta a voz narradora de Inma do enfado dos seus pais cando chegou á casa cun cadelo. Estaba só e triste no parque, igual que un peluche dourado e de ollos escuros. Como ela lle ofreceu un pouco de cariño, seguiuna ata a súa casa. Entón -cosa antes impensable- non se negaron a que quedase. Aprendeu pronto a comportarse e cambiou á familia: o avó volveu falar grazas á súa compañía, o pai corre con el para non engordar e mesmo a nai se encariño co can. E Ton di co rabo que tamén está contento.
Por iso cando chega a tía de visita e exclama con noxo que hai un can no piso, todos lle contestan: E que?
Con ilustracións alternando nas páxinas co texto, a colección presenta situacións problemáticas próximas aos lectores cun tratamento literario desdramatizador.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.