E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

martes, 19 de novembro de 2013

Os oficios de Chuquelo - LITERATURA INFANTIL

Os oficios de Chuquelo
Pinto & Chinto 
Ilustracións de Pinto & Chinto 
Col. Arbore. Os Duros, 32. 
Ed. Galaxia. Vigo, 2009 

Idade recomendada: + 6 anos

Chuquelo, como can, era un auténtico desastre. 

Un can sen oficio nin beneficio. 
Só desenterrar ósos o compensaba da súa tristura. 
Velaí a clave da súa vida.
 
Chuquelo, como can, era un completo desastre: se alguén lle lanzaba un pau, negábase a ir a recollelo; un día, en lugar de traer o xornal do quiosco, comprou un cómic de Rin Tin Tin, o seu heroe favorito; traía as zapatillas na boca, si, pero cheas de babas; como tiña unha pésima memoria, non recordaba onde enterrara o óso, e para localizalo fixo tantos planos que xa non foi capaz de dar con el...
 
Pero todo cambiou cando, ao ver a súa habilidade desenterrando ósos, un prestixioso paleontólogo o contratou para desenterrar ósos de dinosauro. E foi can paleontólogo moitos anos, ata que lle chegou a idade da xubilación.
 
36 páx. 
19 x 16 cm. 
ISBN 978-84-9865-237-6

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger