sábado, 23 de novembro de 2013

Flis-fli-ris-flás - LITERATURA INFANTIL


Flis-fli-ris-flás 
Araceli Gonda 
Ilustracións de Xosé Tomás 
Col. Árbore. Os Duros, 33. 
Ed. Galaxia. Vigo, 2009 

Idade recomendada: + 6 anos

Martiño pensa cousas que non debe pensar antes de ir durmir... 

E, claro, aparecen os soños e os monstros dos soños e os señores escuros dos soños... 

Pero non te preocupes. Hai palabras máxicas que poden facer que todo iso desapareza para sempre. 

Martiño non quere durmir coa luz apagada porque ten medo aos monstros. O seu pai lelle cada noite un conto de peixes, que son os que máis lle gustan, e el soña que nada no océano e descobre a Carmiña, unha estrela de mar, chorando porque o mal Señor da Escuridade raptou o seu mellor amigo, o polbo Bartolo, e levouno ata as profundidades do océano, ao Abismo, onde vive. Por medo, non se atreve a acompañala, pero cando Chema, o peixe máis presumido, se ri dela porque cando intentaba rescatar o amigo foi capturada polo malo, el encontra o libro máxico e paralízao coa palabra máxica Flis-fli-ris-flás, liberando os dous. 
 
Para agradecerllo, Carmiña vaille ensinar os marabillosos fondos de coral... e cando marchan cara a alá a voz do pai espértao, pois ten que ir á escola. 
 
Álbum cun sólido traballo de ilustración que se move entre os tons escuros coa dureza das liñas e o fondo branco liberador.
 
36 páx.
16 x 19 cm.
ISBN 978-84-9865-246-8

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger