xoves, 21 de novembro de 2013

A festa no faiado - LITERATURA INFANTIL

A festa no faiado 
María Victoria Moreno
Ilustracións de Irene Fra 
Col. Árbore.
Ed. Galaxia. Vigo, 2007

Idade recomendada: + 6 anos

Uxía vive nun faiado. 

Podería pasar o día enteiro cos ollos pechados, se non fose por Gato. Grazas a Gato, a vida de Uxía é máis divertida. Grazas a Uxía, Gato empeza a entender mellor o mundo. 

Uxía de Portosouril conta por que os pardais acoden en masa á casa dos presumidos Indalecio e Teodosia. 

Eles foron os que a abandonaron no faiado, desprezándoa por ser un boneco, e alí viviu aburrida e triste ata que un día se fixo amiga do gato Gato, que nunca xogara a nada porque nunca puidera saír do faiado. El só quería xogar se había sardiñas polo medio. Entón ela pediulle aos ratos que fixeran un burato, e o domingo á hora na que os amos estaban en misa baixou á cociña, onde conseguiu sardiñas, un anaco de queixo e unhas codias de pan. E xuntáronse nunha lupanda o gato, os pardais e os ratos. E dende entón todos os domingos fan a súa festa no faiado, á que os pardais achegan as froitas que traen das árbores.

36 páx.
18 x 20 cm
ISBN: 978-84-9865-018-1

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger