Dende a Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén (BIBLIOPAZOS) organizamos unha actividade de contacontos con María Paz Gutierrez de Solidariedade Internacional de Galicia para o Mércores 2 de Outubro, ás 13:00 horas no Auditorio do Concello en Pazos.
"CONTOS DO MUNDO" é unha viaxe polo mundo e as culturas a través dos contos.
Contos do Mundo é unha campaña de educación multicultural que fomenta os coñecementos doutras culturas para erradicar futuros comportamentos racistas, xénofobos, etnocentristas e a creación de prexuízos e estereotipos culturais e sociais.
A través da narración e a representación de varios contos, recollidos varios libros editados en Solidariedade Internacional de Galicia, achegaránse as nenas e neos da cultura de países como Guatemaña, Senegal ou Palestina. Para difundir estas ideas e abalados pola experiencia empregan o libro como ferramenta por ser lúdico, universal e acronolóxico. Algúns dos títulos dos libros son: "Irene en América Central", "Irene no Sahara", "Irene en Oriente Próximo"...
Esta iniciativa pretende estimular a linguaxe e a imaxinación. O formato elixido, un libro de contos, non é cuestion de azar, se non que é producto dun proceso de traballo. Escoitar contos lles permite ás nenas e nenos desenvolver a capacidade reflexiva, pois sempre hai unha mensaxe no contido do conto.
¡Contamos coa vosa asistencia!
No vos esquezades
Podes ver tamén esta publicación no BLOG "LER CONTA MOITO", do programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.