A cear e á cama
Pepe Carreiro
Ilustracións de Pepe Carreiro
Col. Os Bolechas en banda deseñada,1.
Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2008
Idade recomendada: + 6 anos
A Carlos róxenlle as tripas coa fame, polo que come as croquetas de Chispa. Logo, a comida dos peixes, pero cando sabe de que está feita sente noxo e empeza a comer galletas, ata que a nai os chama para cear. A Sonia véncea o sono e dórmese ceando, polo que a nai a deita. Mais como quere durmir co osito, e Tatá tamén, remata deitándoos aos dous xuntos co boneco entre eles. Veñen entón os irmáns para as súas camas, nas que Chispa se mete ata que o botan. Finalmente, acaban erguéndose todos: Chispa encheu as camas de pelos e agora non hai quen durma coa comechón.
Nova serie dos populares irmáns Bolechas, presentada en catro cadros gráficos por páxina, ao xeito do cómic.
20 páx.
21,5 x 22,5 cm.
ISBN 978-84-8341-241-1

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.