E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

venres, 4 de outubro de 2013

Os Bolechas van de viaxe - "A Reconquista de Vigo" - LITERATURA INFANTIL

A Reconquista de Vigo
Ilustracións de Pepe Carreiro 
Col. Os Bolechas van de viaxe.
Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2006

Idade recomendada: + 6 anos

Os Bolechas van á casa da súa avoa á festa da Reconquista, que a cidade celebra disfrazándose con traxes da época, en recordo da loita contra os soldados franceses que no ano 1809 invadiron Vigo. A avoa cóntalles o que lle dixo a súa avoa que lle acontecera á avoa desta. Era peixeira. Namorouse dun soldado francés, con aquel uniforme tan rechamante, e el dela: foi un frechazo mutuo. Como na vila non había tropa para facer fronte ao exército francés, o alcalde rendeuse. Ela uniuse á resistencia contra os invasores, escalando na noite polas murallas do castelo no que gardaban a pólvora, pero encontrouse co soldado e estivo de charla con el ata o amañecer. Os rebeldes, sen esperar ao seu regreso, iniciaron o asalto conseguindo recuperar a cidade o 28 de marzo, con axuda dos barcos ingleses. Pero a avoa Carme e o seu francés Michel non foron con todos: estaban a tomar baños xunto ás murallas da vila. 

Agora, os Bolechas xa coñecen o festexo da Reconquista polo que lle pasou á súa tataravóa.

28 páx.
17 x 17 cm.
ISBN 978-84-8341-046-2 

Fonte:  BLIX

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger