E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

mércores, 16 de outubro de 2013

Irene en América Central - LITERATURA INFANTIL

Irene en América Central
Adaptación: Leyre Prado Simón
Ilustracións: Alicia Suárez Otero
Tradución Galego: Jessica Núñez Rego


Idade recomendada: De 6 a 8 anos 

Trátase da promoción da educación intercultural e dos valores de respecto e solidariedade entre nenos e nenas de 6 a 8 anos, a través dun libro de contos infantís populares de Centroamérica.

Así empeza o conto:

Ola! Chámome Irene e aínda que só teño nove anos viaxei un montón por todo o mundo. Que como teño tanta sorte? Pois porque os meus pais traballan como cooperantes en países máis pobres que o noso e, claro, me levan a todas as partes.

Vouvos falar de Centroamérica, unha cinturiña de terra entre América do Norte e América do Sur, na que hai sete países: Guatemala, O Salvador, Honduras, Nicaragua, Panamá, Belice e Costa Rica.

Dende España tárdase dez horas de avión, xa que hai que cruzar o Océano Atlántico, pero o voo non se fai aburrido porque poñen dúas películas e danche comida cada dous por tres.

Ao chegar o primeiro que chama a atención é o clima. Nada máis hai dúas estacións e nas dúas fai moito calor, só que en "verán" non chove e no "inverno" diluvia. Pero, grazas á calor e á choiva, as plantas fanse enormes.

Queres seguir lendo o conto? Ven a BIBLIOPAZOS e prestámoscho.
 
Podes tamén descargalo en castelán en formato PDF facendo clic Aquí. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger