Irene en Senegal
Adaptación: David Puigmartí i Carrulla, Jessica Núñez Rego e Eva Molares Marín
Ilustracións: Alicia Suárez Otero
Edita Solidariedade Internacional de Galicia, 2007
Idade recomendada: De 6 a 10 anos
A intención deste libro de contos é promover actitudes de respecto e aceptación cara a persoas e culturas diferentes, así como diminuír os prexuízos do rexeitamento ante o descoñecido, por medio da educación en valores e a interculturalidad.
A intención deste libro de contos é promover actitudes de respecto e aceptación cara a persoas e culturas diferentes, así como diminuír os prexuízos do rexeitamento ante o descoñecido, por medio da educación en valores e a interculturalidad.
Irene, a pequena protagonista, descríbenos a súa estanza en Senegal. Alí coñece ao ancián Mamboy,
que o guía e á vez nos introduce na historia, costumes, culturas,
contos e lendas africanas. 'Como nas anteriores edicións de Contos do
Mundo, Irene en Senegal inclúe unha guía de
reflexión para o profesorado, nais, pais e mediadores educativos, que
axuda a reflexionar, cos e as peques sobre as diferenzas, e sobre os movementos migratorios e as súas causas.
As
lendas están feitas coa colaboración do Sr. Mamadou Saliou Diallo
(coñecido como Zale) e os/as estudantes da escola CAFT (Centre
d'Alphabétisation et Formation de Thiaroy).
Así empeza o conto:
Ola! Son Irene de novo. Xuntos, e a través dos contos viaxamos coa imaxinación a diferentes países de América Central, ó Sahara e á rexión andina, a onde viaxei cos meus pais acompañándoos no seu traballo como cooperantes.
Nesta ocasión véñovos falar de Senegal. Senegal é un país que está case na metade de África, as súas costas son bañadas polo océano Atlántico e a súa capital é Dakar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.