luns, 14 de outubro de 2013

Cantiga do mazarico - POESÍA INFANTIL

Cantiga do mazarico
Emilio Pita
Ilustracións de Isabel Pintado 
Col. Lúa lueira, 2.
Ed. Espiral Maior. A Coruña, 2010 

Idade recomendada: + 6 anos 

Álbum que ilustra o poema "Cantigas do mazarico" de Emilio Pita, do seu libro Cantigas de nenos, primeiro poemario infantil da literatura galega. Despois de presentar o poema na súa integridade, reprodúcense as agrupacións estróficas ilustradas a dobre páxina.

Co zarapito de protagonista, e o seu pico cunha rama florida, os versos teñen forma de diálogo con preguntas ao paxaro sobre quen pica o seu pico e respostas segundo as cales pica no herbal, nas graíñas de sol, no rama e a flor e nas gotas da luz de lúa. 

A musicalidade do xogo fónico e o dinamismo do verso breve rimado encontran resposta atinada nos tons amables sobre un fondo leve das ilustracións cunha lectura visual de envolvente lirismo. 
28 páx.
22 x 21 cm.
ISBN 978-84-92646-55-5 

Fonte: BLIX


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger