E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

xoves, 17 de xaneiro de 2013

Quero ser Presidente - LECTURA ADULTOS

QUERO SER PRESIDENTE
Claves da comunicación electoral
Rúas Araujo, Xosé

Alvarellos Editora
1ª Edición, Febreiro 2008
Colección: Oeste [Ensaio y Divulgación]


TODO SOBRE AS CAMPAÑAS ELECTORAIS, OS CANDIDATOS E AS SÚAS ESTRATEXIAS

Xosé Rúas utiliza neste libro a súa dilatada traxectoria como xornalista, columnista, profesor, investigador universitario e asesor de comunicación política, para achegarnos, nun ton didáctico e ameno, enriquecido por constantes anécdotas e notas de humor, as claves teóricas e técnicas da propaganda e do marketing electoral. Escrito por un experto teórico e profesional galego de referencia, Quero ser presidente. Claves da comunicación electoral ha marcar un antes e un despois nas estratexias electorais empregadas no noso país.

Resultará imprescindible e mesmo revelador para calquera especialista ou curioso por coñecer un pouco máis o apaixonante mundo que se agocha detrás de cada campaña electoral.

A OPINIÓN DOS EXPERTOS
“O libro de Xosé Rúas está cheo de intelixencia práctica e ha ser unha lectura obrigada para calquera que guste do máxico mundo electoral, onde flúen os intereses e os soños, a democracia e o desexo. Unha boa entrega á bibliografía galega sobre comunicación política e unha proposta de debate sobre os procesos electorais e todo o que vai con eles”.
Fermín Bouza Catedrático de Opinión Pública da Universidad Complutense de Madrid (UCM)

“Descubre unha dimensión descoñecida da política e das campañas electorais que todo votante debería coñecer”.

Pere Oriol Costa Catedrático de Comunicación Política da Universitat Autónoma de Barcelona (UAB) 

“Directas, divertidas, útiles, reais e prácticas, creo que estas Claves de Xosé Rúas constitúen agora o máis actualizado consello para candidatos que queren gañar”. 

13 x 23 cm.
ISBN:  978-84-89323-22-3
Páxinas: 198
Idioma: Galego
Encadernación: Tapa branda con lapelas, plastificada


FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger