Pinga de choiva
Ilustracións de Daniel Díaz.
Col. Merliño.
Ed. Xerais. Vigo, 2009
Ao dragón Arco da Vella gústanlle moito as pingas de choiva, especialmente as que quedan, tímidas, no envés das follas despois de saír o sol.
Unha tarde de abril, Pinga Roseira saíu de compras e logo foi tomar un xeado coas amigas. Faláronlle do Arco da Vella, que cando as atravesa coa súa lanza de diamante fai as pingas brillar en mil cores. E contan que ao volver para a casa, el estaba agardándoa, disposto a bebela. Mais Pinga conseguiu refuxiarse na casa. Intentouno el despois disfrazado de mar, de río, de lago, de fonte ata que, cun disfrace de choiva e un paraugas de corazóns, logrou conquistala. Entón ela deulle un bico de calor e, antes de que a bebese, agarrada a un raio de sol, debuxou no ceo un longo Arco da Vella. Ao vela, o dragón converteuse nunha pinga de orballo. Dende entón, Pinga e Dragón xogan a beberse ata que chega a noite.
Álbum no que destaca o traballo de ilustración creando un clima onírico moi dinámico e suxestivo.
36 páx.
18 x 20 cm.
ISBN 978-84-9782-976-2
Fonte: BLIX
FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.