sábado, 22 de maio de 2021

DARÍO A DIARIO

DARÍO A DIARIO
Autora: Xela Arias
Ilustracións: Iván R.
Edicións Xerais de Galicia
Colección Camaleón

Xénero: Literatura Infantil Galega - Poesía

Idade recomendada: +10 anos

En 1996 Xela Arias publica Darío a diario, un libro de poemas dedicado ao seu fillo, que ofrece unha visión desidealizada e ao tempo fonda e entrañable da experiencia da maternidade.

En palabras da propia poeta: Darío a diario non naceu coa vocación de ser o que hoxe é: un libro encadernado e público. Foi, no seu principio, a necesidade imperiosa de explicarlle ao meu fillo o manifesto íntimo e interno de intencións maternas nas que el mesmo, polo feito de existir, me obrigaba a moverme; o compendio de contradicións que a maternidade me provoca.

Nesta nova edición os poemas veñen acompañados por ilustracións do artista Iván R.

ISBN: 978-84-9121-862-3
Nº de páxinas: 56
Encadernación: Tapa branda
Formato: 22 x 15 cm

venres, 21 de maio de 2021

TIGRES COMA CABALOS

TIGRES COMA CABALOS
Autora: Xela Arias
Fotografías: Xulio Gil
Engaiolarte Edicións

Xénero: Literatura Galega - Poesía

O seu libro máis transgresor, obrigada referencia na obra de Xela Arias, unha criación combinada de poesía e fotografía, nacida man con man entre a poeta e o fotógrafo Xulio Gil.

Inclúe dous traballos críticos de Xosé Enrique Acuña e María Xesús Nogueira.

ISBN: 978-84-123155-3-0
Nº de páxinas: 123
Encadernación: Tapa dura
Formato: 30 x 22 cm

xoves, 20 de maio de 2021

A POESÍA DO RETRATO

A POESÍA DO RETRATO
Autora: Xela Arias
Fotografías: Xulio Gil
Textos: Xosé Enrique Acuña R. e Marga Romero Lorenzo (Marga do Val)
Engaiolarte Edicións

Xénero: Literatura Galega - Poesía

Máis de 40 retratos realizados por Xulio Gil en diferentes épocas de Xela Arias, combinados cunha escolma dos seus versos, configuran este traballo acompañado de sendos estudos de Xosé Enrique Acuña e Marga do Val.

ISBN: 978-84-123155-4-7
Nº de páxinas: 102
Encadernación: Tapa branda
Formato: 29 x 21 cm.

mércores, 19 de maio de 2021

DENUNCIA DO EQUILIBRIO

DENUNCIA DO EQUILIBRIO
Autora: Xela Arias
Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura Galega - Poesía

«Denuncia do equilibrio», publicado en 1986 a contracorrente da poesía galega daquel momento, é un libro rabiosamente contemporáneo. Cuestiona a orde establecida, afonda con inquedanza na voz interior dunha poeta orixinal e libre e transmite, desde a propia sintaxe, o desacougo da vida cotiá, das emocións e do amor.

Este primeiro libro de poemas de Xela Arias dá conta do arrebato dunha voz nova, independente, radicalmente propia, que se pon en marcha cunha enorme forza simbólica. Como di a poeta Olga Novo no limiar en «Denuncia do equilibrio» está «a altura, o precipicio, a conmoción».

Autor Lois_ac
Autor: Lois_ac
Xela Arias
(Sarria, 1962-Vigo, 2003), poeta, tradutora e editora, desenvolveu o seu traballo profesional en Xerais entre 1980 e 1990. A partir dese ano e ata 1996, foi correctora de estilo da editorial. Tras licenciarse en Filoloxía, exerceu como profesora de ensino secundario ata o seu falecemento. Como poeta, publicou os libros Denuncia do equilibrio (1986),; Tigres coma cabalos (1990), en colaboración co fotógrarfo Xulio Gil; Darío a diario (1995); e Intempériome (2003). Posuidora dunha voz inclasificable, a súa obra poética está marcada pola innovación e unha intención transgresora da palabra.

ISBN: 978-84-9121-882-1
Nº de páxinas: 80
Encadernación: Tapa branda
Formato: 20 x 15 cm

martes, 18 de maio de 2021

DE CERTO, A VIDA ÍA EN SERIO

DE CERTO, A VIDA ÍA EN SERIO
Autora: Xela Arias
Textos e fotografías: Darío Gil Arias
Imaxe da cuberta: Xulio Gil
Chan da Pólvora

Xénero: Literatura en Galego - Poesía

A partir de entrevistas, conferencias, autopoéticas e poemas, “Chan da Pólvora” reconstrúe a personalidade e a obra de Xela Arias nunha antoloxía de textos intensos e demoledores.

María Xesús Nogueira a foi a encargada de realizar a selección e o estudo complementario sobre unha muller que viviu de maneira intensa e, con frecuencia indómita, o seu tempo. Non só recolle textos poéticos da autora senón que recupera un prezado material: entrevistas, autopoéticas, reflexións ou conferencias que permite reconstruír a biografía e mais a personalidade da autora a partir das súas propias palabras, unha perspectiva ata agora inédita.

“Asinamos ser libres e o vieiro é a independencia total e gratuíta”, escribe Xela Arias neste libro de forza incontestable, titulado como un dos seus versos máis rotundos, De certo, a vida ía en serio.

Non se trata unicamente dunha escolma ou dunha biografía. Estamos ante unha mirada transversal que reconstrúe a complexidade da escritora a través das súas propias palabras, pero tamén unha esixente selección de poemas, intensos e demoledores, visionarios e inquietantes.

ISBN: 978-84-122221-7-3
Nº de páxinas: 106
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 13 cm

luns, 17 de maio de 2021

POESÍA REUNIDA

POESÍA REUNIDA
Autora: Xela Arias
Edición de María Xesús Nogueira Pereira
Fotografía: Xulio Gil
Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura en Galego - Poesía

O volume Poesía reunida (1982-2004) dá conta da obra poética de Xela Arias e quere contribuír á súa difusión e coñecemento. A escritora ocupou un lugar de seu na cartografía literaria das últimas décadas e a súa obra está en consonancia coa renovación do discurso poético producida dos anos 80 en diante, así como coa proliferación dos discursos do feminismo, aos que acompañou como pioneira.

Xela Arias, que manifestou en numerosas ocasións un sentimento de soidade xeracional, reivindicou a condición de muller escritora e reaccionou con contundencia contra o carácter invisibilizador das etiquetas. Para ela, a poesía era «un trato coa búsqueda da vida poderosamente iluminada».

ISBN: 978-84-9121-428-1
Nº de páxinas: 440
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15 x 22 cm

domingo, 16 de maio de 2021

XELA ARIAS. POETA E TRADUCTORA

XELA ARIAS. POETA E TRADUCTORA
Autor: Anxo Xoán Rajó Pazó
Fotografía: Xulio Gil Rodríguez
Ir Indo Edicións

Xénero: Literatura Galega - Biografías

Contra finais do século XX xorde unha xeración de poetas, nomeadamente mulleres, que vai cambiar o rumbo da creación en lingua galega.

Unha delas, Xela Arias, será pioneira en varios aspectos. Por unha banda, dende moi nova atrécese cun campo que estaba prácticamente ermo dende a época do Grupo Nós, a traducción á nosa lingua de obras clásicas e non tan clásicas doutras linguas; pola outra, será autora e protagonista de varios poemarios que nos ofrecen unha nova dimensión da creación poética en lingua galega.

Principiará a súa andaina con Denuncia do equilibrio (1986), que continuará cunha obra arriscada e única, Tigres coma cabalos (1990), en colaboración co fotógrafo Xulio Gil. Novamente, ilusionada coa súa maternidade, tira do prelo unha obra innovadora e singular, Darío a diario (1996), para rematar no seu traxecto cara á eternidade coa publicación de Interpériome (2003), pouco tempo antes de falecer.

O volume que Ir Indo Edicións nos presenta é un percorrido por unha autora, Xela Arias, que dun xeito valente asumiu claros compromisos coa nosa lingua e co feminismo, movemento que defendeu en todas e cada unha das súas composicións, mesmo coa tradución de obras de autoras claramente significadas neste eido. Xela, unha muller que foi poeta, tradutora e filóloga, e que creu até os seus últimos días que "vencerse é cousa de se tratar". 

ISBN: 978-84-7680-759-0
Nº de páxinas: 100
Encadernación: Tapa branda
Formato: 29 x 21 cm

sábado, 15 de maio de 2021

XELA QUIXO SER ELA

XELA QUIXO SER ELA
Biografía de Xela Arias
Autora: Yolanda Castaño
Ilustracións da cuberta: Lidia Cao
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil Galega - Biografías

Idade recomendada: +11 anos

A poeta Yolanda Castaño cóntanos neste libro a vida de Xela Arias e móstranos como xa na infancia dunha nena escritora se albiscan os valores que guiarán o seu camiño: queimar vellos prexuízos, desoír expectativas, rebelarse contra as imposicións e non deixarse guiar por modelos de segunda man.

A biografía de Xela Arias é a aventura radical de chegar a ser unha mesma.Xela Arias foi precursora e un auténtico referente para xeracións de autoras galegas. Unha muller que deixou a súa pegada na renovación de tres campos: a poesía, a tradución e a edición de libros na nosa lingua; dende a independencia, a sensibilidade e a perspectiva de xénero.



ISBN: 978-84-9121-902-6
Nº de páxinas: 128
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 19

venres, 14 de maio de 2021

AS BRUXAS

AS BRUXAS
Autor: Roald Dahl
Ilustracións: Quentin Blake 
Tradución: Xela Arias e Lidia Iglesias Izquierdo
Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +11 anos

As Bruxas de Roald Dahl narra a historia dun rapaz e maila súa avoa que se enfrontan á terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra, mentres estas, baixo a aparencia de mulleres correntes celebran a súa convención anual nun hotel... 

Ninguén cre nas bruxas, pero haber hainas. E estas das que fala Roald Dahl posuén podeorosísimos nenicidas. Os nenos para unha bruxa son sucios e fedorentos, o inimigo que hai que exterminar... 

E non son esas vellas feísimas de voz renxente, traxes negros, sombreiros picudos e vasoiras aerodinámicas. Non. Aquí fálase das bruxas verdadeiras, das que fan traballos normais, levan unha vida normal e adoitan levar luvas porque, na realidade, teñen gadoupas por mans, pés cadrados sen dedas, e utilizan caramelos e chocolates como engado para destruír nenos.

As bruxas é un libro onde o lector atopará moito humor e disfrutará coa maneira sinxela e trepidante coa que o autor mantén a súa atención. Unha historia contada en frases curtas e secuencias claras onde a acción, de golpe, envolve todo o discurso narrativo. 

Unha voráxine de situacións, de anécdotas, de aventuras que non dan tregua ao lector ata o seu remate.

ISBN: 978-84-9782-499-6
Nº de páxinas: 256
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 19 cm 

xoves, 13 de maio de 2021

A AUGA, O DRAGÓN E O SALGUEIRO CHORÓN


A AUGA, O DRAGÓN E O SALGUEIRO CHORÓN
Autor: Xosé A. Perozo Ruiz
Ilustracións: Antonio Seijas Cruz
Auga Editora
Colección: Contas X Contar

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Poden ser amigos un dragón e un salgueiro?

Pois si, cando os animais e as plantas falaban e vivían no monte da Cova da Serpe.

Serpe, un enorme dragón vermello, conseguirá que os ríos e mananciais non sequen e que a terra non quede sen auga.

Nesta aventura acompañarannos as nubes grises cargadas de auga, que descargarán a chuvia sobre a terra seca e os bosques.

ISBN: 978-84-1203823-1
Nº de páxinas: 34
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 21 cm

mércores, 12 de maio de 2021

DÚAS MOEDAS

DÚAS MOEDAS
Autor: Nuria Tamarit
Tradución: Isabel Soto
Retranca Editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Banda deseñada

Idade recomendada: +7 anos

Obra gañadora do primeiro Premi València de Novela Gráfica 2018, da Institució Alfons el Magnànim.

Mar, unha adolescente europea, viaxa a Senegal acompañando á súa nai, que traballa no proxecto de construción dunha biblioteca e unha emisora de radio nun pobo de agricultores e pescadores ao norte da rexión. 

Habituada ás comodidades e dinámicas do chamado primeiro mundo, a medida que se vaia aclimatando aos ritmos e costumes do lugar irá tomando conciencia de que a metade da súa equipaxe eran tópicos, prexuízos e descoñecemento.

Sobre o terreo, Mar descubrirá unha cultura sensual e hospitalaria, unha paisaxe de beleza insólita e unha sociedade con problemáticas moi específicas e sometida a graves desaxustes políticos, pero tamén allea a moitas das nosas servidumes cotiás.

ISBN: 978-84-941632-8-9
Nº de páxinas: 118
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 19 x 23 cm

martes, 11 de maio de 2021

NATURIZO. ONDE ESTÁ LUSCO?

NATURIZO. ONDE ESTÁ LUSCO?
Autores e ilustradores: Alba de Evan e Javier Domínguez
Ediciones Linteo
Colección: Naturizo

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Na primavera nova vida nace na serra. Os lobetos de Lúa chea énchena de ledicia, ata que unha misteriosa desaparición require a axuda de Amelia.

Conseguirán resolvela?

ISBN: 978-84-120058-2-0
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 24,5 cm

luns, 10 de maio de 2021

PERIPLO ATLÁNTICO

PERIPLO ATLÁNTICO
Autor: Enrique Mauricio
Ilustracións: Carlos Taboada
Lela Edicións
Colección: Rañolas

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Panchito é un pingüín que vive na ría de Pontevedra, onde non hai ningún coma el. Un día sente, coma os mozos da súa vila, anceios de ver mundo, e embarca de polisón nun barco descoñecido que o levará a vivir un periplo atlántico cheo de aventuras.

Contén actividades relacionadas co polifacético autor de Rianxo.

Podes descargar de balde o seu póster aquí.

ISBN: 978-84-946043-1-7
Nº de páxinas: 21
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 23 cm

domingo, 9 de maio de 2021

ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS

ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS
Autor: APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral)
Editorial Galaxia

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

A ilusión e a beleza están ao alcance de calquera. A Editorial Galaxia e APAMP (Asociación de familias de persoas con parálise cerebral) editan “ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS”

Este é moito máis que un álbum ilustrado. É un libro feito dende a ilusión máis absoluta e que nace do entusiasmo brutal e optimista do Obradoiro Artístico de APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral) e que un día decidiron escribir, e ilustrar, coas súas propias mans, cos seus propios corazóns, este libro protagonizado por Elisa, unha muller alegre, soñadora, de mirada intensa e cabelos castaños. Era moi fermosa, pero ela non o sabía. Elisa movíase nunca cadeira de rodas e tiña parálise cerebral.

A través deste libro, achegarémonos a unha realidade que ignoramos, que non queremos ver malia que a teñamos diante dos ollos. A realidade das persoas que padecen parálise cerebral e que aínda que cheos de dificultades, son quen de saír adiante.

ISBN: 978-84-9151-036-9
Nº de páxinas: 24
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 24 cm

sábado, 8 de maio de 2021

NA PROCURA DA ILLA DO TESOURO

NA PROCURA DA ILLA DO TESOURO
Texto e ilustracións: Lizzy Stewart
Tradución: Xabier M. Blanco
Editorial Triqueta Verde

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Matilda e o seu pai son MOI diferentes.

Ela é rápida, el é lento. Matilda é metódica e el un pouquiño trapalleiro. Ela gosta do silencio e el é un tanto rebuldeiro.

Aínda así, deciden ir na procura dun tesouro agochado nunha illa perdida. Para iso seguen un mapa que Matilda ten, mais o seu pai, que é moi distraído, frustra continuamente os plans de Matilda.

Serán capaces entre os dous de atopar o tesouro?

ISBN: 978-84-949231-7-3
Nº de páxinas: 32
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 23 x 31 cm

venres, 7 de maio de 2021

O ACUARIO

O ACUARIO
Autor: Joao Pedro Mésseder
Ilustracións: Célia Fernandes
Tradución: Anxo Tarrío
Hércules de Ediciones

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Era unha vez un acuario e os seus habitantes, todos iguais, todos distintos.

Un mundo pequeno, mais con problemas, onde transcorre esta historia sinxela e ben escrita sobre diferenzas, prexuízos, axuda...

Un conto ilustrado e de éxito ben coñecido entre os máis novos.

ISBN: 978-84-949843-6-5
Nº de páxinas: 32
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 20,5 x 26,5 cm

xoves, 6 de maio de 2021

PREFIRO AS DE CHOCOLATE

PREFIRO AS DE CHOCOLATE
Autora: Cristina Justo
Ilustracións: María Brenn
Edicións Embora
Colección: A igualdade conta

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Icía e Xiao son xemelgos. Os seus primeiros agasallos eran de cor rosa para ela, e azul para el... menos mal que papá e mamá sabían que non hai cores de nenos nin cores de nenas.

Cando foron medrando, eles mesmos omprenderon que tampouco hai xogos de nenos ou xogos de nenas, nin cousas de nenos e cousas de nenas...

ISBN: 978-84-17824-23-5
Nº de páxinas: 40
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 22 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger