E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS
Amosando publicacións coa etiqueta Bruxas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bruxas. Amosar todas as publicacións

venres, 14 de maio de 2021

AS BRUXAS

AS BRUXAS
Autor: Roald Dahl
Ilustracións: Quentin Blake 
Tradución: Xela Arias e Lidia Iglesias Izquierdo
Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +11 anos

As Bruxas de Roald Dahl narra a historia dun rapaz e maila súa avoa que se enfrontan á terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra, mentres estas, baixo a aparencia de mulleres correntes celebran a súa convención anual nun hotel... 

Ninguén cre nas bruxas, pero haber hainas. E estas das que fala Roald Dahl posuén podeorosísimos nenicidas. Os nenos para unha bruxa son sucios e fedorentos, o inimigo que hai que exterminar... 

E non son esas vellas feísimas de voz renxente, traxes negros, sombreiros picudos e vasoiras aerodinámicas. Non. Aquí fálase das bruxas verdadeiras, das que fan traballos normais, levan unha vida normal e adoitan levar luvas porque, na realidade, teñen gadoupas por mans, pés cadrados sen dedas, e utilizan caramelos e chocolates como engado para destruír nenos.

As bruxas é un libro onde o lector atopará moito humor e disfrutará coa maneira sinxela e trepidante coa que o autor mantén a súa atención. Unha historia contada en frases curtas e secuencias claras onde a acción, de golpe, envolve todo o discurso narrativo. 

Unha voráxine de situacións, de anécdotas, de aventuras que non dan tregua ao lector ata o seu remate.

ISBN: 978-84-9782-499-6
Nº de páxinas: 256
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 19 cm 

xoves, 1 de outubro de 2020

ENSALADA DE BRUXAS


ENSALADA DE BRUXAS
Autor: Rosa Serrano
Ilustradora: Andrea López
Edita: Editorial Galaxia

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +10 anos

Para saberes de bruxas, nada mellos que esta ensalada con forma de libro.

Unha pinga de aceite, un pouco de sal (o vinagre xa o poñen as propias bruxas) e listo para ser lido.

Saboroso, xa verás, moi saboroso.

ISBN: 978-84-9865-177-5
Nº de páxinas: 102
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger