Amosando publicacións coa etiqueta Emigración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Emigración. Amosar todas as publicacións

venres, 10 de outubro de 2025

TARABELA CREATIVA achega a Pazos de Borbén o seu espectáculo "BOA SORTE, MALA FAMA" para contar a historia máis "incómoda" da emigración galega - Programa +ESCÉNICAS da Deputación de Pontevedra

Informámosvos da próxima actividade incluida no programa de animación á lectura e dinamización da Lingua Galega da Biblioteca Pública Municipal; unha actividade financiada polo Concello de Pazos de Borbén e pola Deputación Provincial de Pontevedra a través do programa +ÉSCÉNICAS de apoio á programación de artes escénicas en galego nos concellos da provincia de Pontevedra.

TARABELA CREATIVA SC ofrecerános o seu espectáculo "BOA SORTE, MALA FAMA" o Sábado 18 de Outubro a partir das 19:00 horas na CASA DA CULTURA DE NESPEREIRA con entrada será libre e gratuíta ata completar o aforo do local.

Sempre se soubo, claro está, que as anduriñas son aves de bo agoiro, que alí onde aniñan traen fortuna, que anuncian a primavera e que os mariñeiros as tatuaban na pel por cada travesía da que lograban retornar. Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente co seu canto agudo e de que enchen todo de excrementos. Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama. Ningún outro animal se parece tanto aos emigrantes galegos: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade. E, igual que as anduriñas, gañamos mala fama, aló onde fomos buscar a nosa boa sorte.
Este espectáculo nace da necesidade de contar, precisamente, aquelo do que pouco se fala.
Trátase dunha traxicomedia en tres actos: Acto primeiro, os tratos; acto segundo, os maltratos e acto terceiro, os retratos. Nos que facendo unha cartografía e un percorrido a través de diferentes épocas e persoas se contará a historia máis “incómoda” da nosa emigración.
Empregando para isto tres disciplinas: a narración oral (que será o fío condutor), a música ao vivo (que fará que o público se ubique naquelas outras realidades e sensacións que atravesamos) e na interpretación actoral (coa que se poñerá corpo ás palabras e coa que se traballará na metáfora do espello e do reflexo como leit motiv.) Tres mulleres en escena para representar cada unha dende a súa disciplina o rostro menos institucional da emigración galega.

Tarabela Creativa
Carmen Conde - Diego Gallego
 é unha compañía asentada en Lugo e fundada por Diego Gallego e por Carmen Conde que reúne sendas traxectorias profesionais en distintos ámbitos: Diego, procedente do mundo da produción e da xestión comercial; Carmen, guionista, narradora e dramaturga.

Perseguen dúas vocacións: a primeira, contar historias a través das artes escénicas e do audiovisual...A segunda, un fundamental labor de plantar a semente dos futuros contadores e contadoras en diverso formato a través da formación.

Baixo o seu selo teñen escrito e producido varios espectáculos de narración oral para público adulto e infantil, con grande presencia tanto en teatros e auditorios de Galicia, coma en festivais de diverso corte: “Elas Son Artistas”, “Agrocuir”, “Deperto”, “A boca chea”, "Sete falares", "Oikonomos", “Festival Escena Muller”... A base de todo o traballo de Tarabela Creativa fundaméntase nas recollidas, que despois supoñen un arquivo e un repositorio dos que parten toda a escrita e a posta en escena.

Crearon a miniserie web “Premios Darwin”, así como a serie dixital sobre a historia da música en Galicia "Quéreme soar!" para a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Así mesmo, ocupáronse da dirección artística, guión e presentación dos IX Premios Martín Códax da Música Galega.

Teñen como eixos fundamentais a ruralidade, o silenciado e as disidencias.Deste xeito, Tarabela Creativa completa a súa filosofía de achegar relatos que, tendo a súa orixe no común e corrente, alcanzan altas cotas de extraordinario.

ESPERÁMOSVOS!!! NON FALTEDES!!!

Para calquera información sobre esta programación poden contactar coa Biblioteca chamando por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

martes, 13 de xullo de 2021

FRONTEIRAS DE PAPEL

FRONTEIRAS DE PAPEL
Autores: Alba de Evan e Javier Dominguez
Ilustracións: David Lorenzo
Antela editorial

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Fátimah e a súa familia emprenden unha viaxe alén do mar, que os leva a descubrir que as fronteiras máis difíciles de sortear poden estar feitas de algo tan fráxil como o papel.

Con este libro queremos achegar unha historia, similar a moitas outras vividas polos milleiros de migrantes que hoxe atravesan o mundo, que a miúdo atopan obstáculos, moitos deles simbolizados na burocracia que expulsa e crea fronteiras entre as persoas, fronteiras de papel. O noso desexo é que atopen a súa Utopía.

Coa compra deste libro, estás colaborando no labor que leva a cabo a asociación sen ánimo de lucro Provivienda en GaliciaDe cada libro, 1 € será doado para a devandita asociación.

ISBN: 978-84-09-22034-2
Nº de páxinas: 25
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 24 cm

luns, 10 de maio de 2021

PERIPLO ATLÁNTICO

PERIPLO ATLÁNTICO
Autor: Enrique Mauricio
Ilustracións: Carlos Taboada
Lela Edicións
Colección: Rañolas

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Panchito é un pingüín que vive na ría de Pontevedra, onde non hai ningún coma el. Un día sente, coma os mozos da súa vila, anceios de ver mundo, e embarca de polisón nun barco descoñecido que o levará a vivir un periplo atlántico cheo de aventuras.

Contén actividades relacionadas co polifacético autor de Rianxo.

Podes descargar de balde o seu póster aquí.

ISBN: 978-84-946043-1-7
Nº de páxinas: 21
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 23 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger