venres, 15 de marzo de 2013

CAMPAMENTOS DE "A LANZADA" 2013



A Deputación de Pontevedra oferta, un ano máis, os campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada, que terán lugar nas seguintes datas:
·        Primeira quenda: 23 de xuño – 29 de xuño
·        Segunda quenda: 30 de xuño – 6 de xullo
·        Terceira quenda: 7 de xullo – 13 de xullo
·        Cuarta quenda: 14 de xullo – 20 de xullo
·        Quinta quenda: 21 de xullo – 27 de xullo
·        Sexta quenda: 28 de xullo – 3 de agosto
·        Sétima quenda: 4 de agosto – 10 de agosto
·        Oitava quenda: 11 de agosto – 17 de agosto
·        Novena quenda: 18 de agosto – 24 de agosto
·        Décima quenda: 25 de agosto – 31 de agosto
·        Undécima quenda: 1 de setembro – 7 de setembro

A derradeira quenda está pendente de confirmar debido a que non está aprobado o calendario escolar nin a data de comezo das clases.

SOLICITUDES

Participantes
Rapaces que teñan o seu domicilio habitual no concello no que solicitan a praza (certificado ou volante de empadroamento), nacidos entre os anos 2000 e 2005, ambos os dous incluídos.
Quedarán excluídos os menores sen capacidade para desenvolver as necesidades básicas diarias así como os nenos con doenzas ou minusvalías que teñan contraindicadas a súa asistencia ó campamento e o desenvolvemento normal das actividades.

Impresos

Normas para cubrir os impresos
Na solicitude cubriranse os datos da unidade familiar, é dicir, os datos do pai, nai ou titor, co DNI, teléfono móbil (obrigatorio), enderezo e concello. A continuación indicaranse os datos do neno ou nenos (irmáns) que queiran ir xuntos ó campamento, por orde de prioridade, da 1ª a 11ª quenda.
Se os irmáns queren ir en quendas separadas deberase cubrir unha solicitude por neno. Neste caso hai que ter en conta que os irmáns entrarían por separado no sorteo, pero non se pode asegurar que, de ser agraciados cunha praza, saian en quendas separadas.
As solicitudes asinaranas os pais ou titores dos nenos.
Os datos da solicitude verificaranse coa documentación presentada así como coa base de datos de asistentes do ano pasado. De existir faltas de veracidade, as ditas solicitudes quedarán excluídas do proceso.
Na folla de inscrición deben cubrirse os datos do neno, enfermidades, alerxias, etc. (unha folla por neno).

Lugar de presentación das solicitudes e da documentación
As solicitudes presentaranse nos concellos colaboradores, na Oficina de Información ó Cidadán, na Sede da Deputación en Vigo ou no Centro Príncipe Felipe (oficinas).
Os que presenten a súa solicitude a través do procedemento do portelo único dos concellos ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, deberán remitir, unha vez rexistrada, unha copia por fax ó número 986 804 138.
Non se admitirán as solicitudes presentadas unicamente por fax.

Prazos
Presentación de solicitudes: do 1 de marzo ó 5 de abril.
Sorteo e publicación das listaxes de admitidos: do 29 de abril ó 3 de maio.
Comunicarase o resultado dos participantes seleccionados por SMS (desde o Concello ou a Deputación) ou por correo electrónico.
Prazo de presentación do pagamento: desde o día seguinte ó sorteo ata o 24 de maio.
Chamada ós participantes en lista de espera: do 3 ó 7 de xuño.

Prezo
O prezo será de 68 € por neno.
No prezo do campamento non se inclúen actividades nin excursións, que serán aboadas na presentación do campamento (no primeiro día da correspondente quenda).

MÁIS INFORMACIÓN:
Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Pazos de Borbén.
Teléfono 986 498 934
Horario: Luns a Venres de 09:00 a 14:00

Coplas - LITERATURA INFANTIL

Coplas
Antonio García Teijeiro
Ilustracións de RuAn
Col. Tartaruga. Ed. Galaxia. Vigo, 2008
Reedición con novas ilustracións
Ata 5 anos 

Conxunto de vinte e oito coplas, sinxelas e rítmicas como pequenas cancións, con imaxes de gran plasticidade.

Cunha presenza mínima dos referentes adultos (nas figuras positivas do pai, o mariñeiro ou Celso Emilio, que lles dá vida cos seus versos ás andoriñas que xogan a cámbaa co vento), que teñen tesouros "ruíns e medoñentos", mentres que os dos nenos son "inxenuos e sinxelos", o protagonismo infantil aproxima os lectores a un espazo lírico acolledor non inxenuamente feliz. As nubes, o arco da vella, as estrelas, o crepúsculo e, sobre todo, a lúa poden compartir unha incerta tristura ou emoción. Os paxaros fan coro ao canto infantil e as árbores poden enterrar os males coas súas follas.

Dende as ilusións aínda esperanzadas, cando o boneco xoga cos peixes, as ondas tallan estatuas de auga e sal e o papaventos se namora dunha pomba, hai tambén un lugar solidario con quen non ten pan, para o que nunca amence. Dende o poder do sono, estes versos son como as pequenas follas dos piñeiros: queren subir á lúa.

36 p -16x19 cm
ISBN  978-84-9865-102-7 

Fonte: BLIX

FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

xoves, 14 de marzo de 2013

CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS "PRÍNCIPE FELIPE" 2013

BASES CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS "PRÍNCIPE FELIPE" ANO 2013 

A Deputación de Pontevedra oferta, novamente, os Campamentos Polideportivos "Príncipe Felipe", que se realizarán nas seguintes datas:
·        Primeira quenda: 08 de xullo – 13 de xullo
·        Segunda quenda: 15 de xullo – 20 de xullo
·        Terceira quenda: 22 de xullo – 27 de xullo
·        Cuarta quenda: 05 de agosto – 10 de agosto
·        Quinta quenda: 12 de agosto – 17 de agosto
·        Sexta quenda: 19 de agosto – 24 de agosto

SOLICITUDES
Participantes
Rapaces que teñan o seu domicilio habitual no concello no que solicitan a praza (certificado ou volante de empadroamento), nacidos entre os anos 1999 e 2006, ambos os dous incluídos.
A modalidade do campamento será de internado en pensión completa.
Quedarán excluídos os menores sen capacidade para desenvolver as necesidades básicas diarias así como os nenos con doenzas ou minusvalías que teñan contraindicadas a súa asistencia ó campamento e o desenvolvemento normal das actividades. 

Impresos

Normas para cubrir os impresos
Na solicitude cubriranse os datos da unidade familiar, é dicir, os datos do pai, nai ou titor, co DNI, teléfono móbil (obrigatorio), enderezo e concello. A continuación indicaranse os datos do neno ou nenos (irmáns) que queiran ir xuntos ó campamento, por orde de prioridade, da 1ª a 6ª quenda.
Se os irmáns queren ir en quendas separadas deberase cubrir unha solicitude por neno. Neste caso hai que ter en conta que os irmáns entrarían por separado no sorteo, pero non se pode asegurar que, de ser agraciados cunha praza, saian en quendas separadas.
As solicitudes asinaranas os pais ou titores dos nenos.
Os datos da solicitude verificaranse coa documentación presentada así como coa base de datos de asistentes do ano pasado. De existir faltas de veracidade, as ditas solicitudes quedarán excluídas do proceso.
Na folla de inscrición deben cubrirse os datos do neno, enfermidades, alerxias, etc. (unha folla por neno). 

Lugar de presentación das solicitudes e da documentación
As solicitudes presentaranse nos concellos colaboradores, na Oficina de Información ó Cidadán, na Sede da Deputación en Vigo ou no Centro Príncipe Felipe (oficinas).
Os que presenten a súa solicitude a través do procedemento do portelo único dos concellos ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, deberán remitir, unha vez rexistrada, unha copia por fax ó número 986 804 138.
Non se admitirán as solicitudes presentadas unicamente por fax. 

Prazos
Presentación de solicitudes: do 1 de marzo ó 19 de abril.
Sorteo e publicación das listaxes de admitidos: do 06 ó 10 de maio.
Comunicarase o resultado dos participantes seleccionados por SMS (desde o Concello ou a Deputación) ou por correo electrónico.
Prazo de presentación do pagamento: desde o día seguinte ó sorteo ata o 28 de maio.
Chamada ós participantes en lista de espera: do 3 ó 7 de xuño.

Prezo
O prezo será de 125 € por neno. 

MÁIS INFORMACIÓN:
Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Pazos de Borbén.
Teléfono 986 498 934
Horario: Luns a Venres de 09:00 a 14:00

Por se che pasa - LITERATURA INFANTIL

Por se che pasa
David Otero Fernández
Ilustracións de RuAn
Col. Tartaruga Ed. Galaxia. Vigo, 2008
Reedición con novas ilustracións
 

Un gran tractorista dirixiuse a unha aldea co seu tractor. Os nenos, que estaban de vacacións, saíronlle ao encontro e na praza pedíronlle, por encarga dos seus pais, que fose a traballar ás súas casas. Para decidir a cal iría, preguntoulles como arrefriaban o leite. Na neveira, con auga, botándolle galletas e mollando nela pan tostado con manteiga salgada... Esta última foi a resposta que máis lle gustou, polo que xa soubo onde traballar: na casa da nena á que se lle ocorrera. Nela, antes de empezar a faena, almorzaron os dous para celebralo. 

Historia sinxela e de texto mínimo cun elemento lúdico curioso: os nomes do señor, da aldea ou da nena ten que decidilos o lector escollendo entre as longas series de nomes propios que aparecen nas correspondentes páxinas. 

28 p -16x19 cm
ISBN  978-84-9865-098-3 

Fonte: BLIX

FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

mércores, 13 de marzo de 2013

¿Cómo funciona una cerradura?


En esta animación de Stian Berg Larsen podréis descubrir lo que pasa exactamente en vuestra cerradura típica de tambor de pines cuando introducís vuestra llave.
Como vemos en la imagen, las muescas de la llave coinciden con las distintas alturas de los pistones inferiores, alineándose. En este punto, dado que no existe ningún obstáculo, la llave puede girar libremente. 
28 de enero de 2013 


Aloumiños - LITERATURA INFANTIL

Aloumiños
Antonio García Teijeiro
Ilustraciones de RuAn
Col. Tartaruga
Ed. Galaxia. Vigo, 2008
Reedición con novas ilustracións

Conxunto de vinte e tres poemas, na súa maior parte cuartetas afables, como caricias líricas.

Dende o neno que dorme alegre e soña ser cabalo, ser roseira, ser pallaso, ser outono... ata o vello que lle canta á lúa para que lle fale de amores e dela marcha silenciosa. Son versos de amor do río e as pedras, da nena loura, que camiñaban polo bosque e os prados, do piollo e a pulga, da lúa e o sol. Son amores campesiños e mariñeiros. Son sonos como as tres mínimas gotas da fonte que se converten en tres fadas de inverno, as tres bágoas de escuma da pastora soa no monte ou os tres nenos bolboretas do vento mollado esta noite: polo medo ou polas gotas da fonte? É a maxia das letras do barquillo que o mozo fixo cun xornal, que se foi ao fondo porque pesaban moito as noticias. Pero el salvou as letras e con elas fixo un conto. Ata que chegue a sombra que rompe os sonos.

Entón o rato diralle á luna:"Nunca reparas en min; / por iso vivo na rúa / metido nun calcetín".

36 p -16x19 cm
ISBN  978-84-9865-101-0 

Fonte: BLIX

FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

martes, 12 de marzo de 2013

Un premio más para Sierra i Fabra: La Galera Jóvenes Lectores

El extraordinario ingenio parlante del Profesor Palermo, del escritor Jordi Sierra i Fabra, ha sido la obra ganadora del V Premio La Galera Jóvenes Lectores. La editorial La Galera, junto a la Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros (CEGAL), a través de la red de librerías del Club Kirico, son las instituciones que organizan este premio. La peculiaridad de este galardón radica en el hecho de que el jurado está formado por más de 200 chicos y chicas de entre 12 y 15 años.
Podéis ampliar la noticia en la página web del CILIJ.

Arrolos - LITERATURA INFANTIL

Arrolos
Palmira G. Boullosa
Ilustraciones de RuAn
Col. Tartaruga.
Ed. Galaxia. Vigo, 2008
Reedición con novas ilustracións

Do rico patrimonio do folclore galego, conservado ao longo de tantas xeracións grazas á súa transmisión oral, recolle Palmira G. Boullosa trinta e unha cancións e ditos que teñen un motivo común: acompañar a presenza do bebé no berce. Hai os que buscan escorrentar o medo ao "home de fóra" ou ao gato e outros pretenden tranquilizar coa musicalidade dos versos paralelísticos ou onomatopeicos.

Todos os textos teñen no xogo fónico o código común co recén nacido. E nesta cultura urbana corren o perigo de perderse sen a súa conservación escrita.

37 p. - 16x19 cm.
ISBN   978-84-9865-100-3
Fonte: BLIX 
FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

luns, 11 de marzo de 2013

ASTRONOMÍA - La Tierra en streaming

Vista desde el espacio 

Aurora Ferrer // @auroraferrer - 16/01/2013
 
Estación Espacial Internacional
Si eres de los que creen que Google Earth es magia y que es imposible tomar tantas fotos satelitales del planeta, vas a alucinar con este proyecto. Un resumen rápido antes de entrar en materia: streaming de la Tierra en vivo, 24 horas al día, desde la Estación Espacial Internacional (ISS).

Empezará a emitir en otoño de este mismo año, después de que la agencia espacial rusa suba al espacio las dos cámaras y las instale en la base de la ISS. Desde allí se tomarán las imágenes y se enviarán a la Tierra.

Según el máximo responsable de Urthercast, Scott Larson, las cámaras son tan potentes que podrán retratar cualquier cosa que mida cinco o más metros. "Tejados, campos, ríos, carreteras, bosques, agricultura, granjas, cosas de ese tipo", afirma. Pero eso no es todo. También filmará primeros planos de 90 segundos en los que se podrá ver casi cualquier cosa que mida alrededor de un metro. Se podrán ver grupos de personas, pero evitarán que se distingan individuos concretos por cuestiones de privacidad y para evitar problemas legales. Una vez esté en funcionamiento, los usuarios podrán utilizar su buscador y descargar los vídeos deseados sin ningún coste.

Este nuevo sistema de vídeo se convierte en una fuerte competencia para el rey de los buscadores. Una de las mejoras más significativas en cuanto al que ofrece Google es que las imágenes estarán siempre más actualizadas, porque llegarán a la Tierra desde la ISS con muy poco retardo. A pesar de que las capturas se enviarán solo y exclusivamente desde la Estación Espacial, que si bien pasa muchas veces a lo largo y ancho de nuestro planeta (concretamente lo orbita 16 veces al día) en otras ocasiones puede tardar 15 días en pasar por determinada zona, lo que ocasionará que los vídeos estén momentáneamente desactualizados. Eso sí, nunca tanto como el de Earth quien lleva una demora de sus actualizaciones de incluso dos años. Imágenes que por cierto solo nos deja disfrutar mediante fotografías.

"Las grabaciones se almacenan en un disco duro cuyo contenido se envía varias veces al día a la Tierra", dice Larson. "Dependiendo de dónde te encuentres y en función de la órbita y demás, el retraso entre la toma de imágenes y el envío por parte del equipo de la ISS puede oscilar entre treinta minutos y un par de horas. No es en vivo, pero se puede decir que casi".

Otra comodidad más que aportan los canadienses de Urthercast es su magnífico buscador. Puedes preguntarle incluso cuando sobrevolará la ISS sobre tu barrio, salir a la calle, hacer un rato el payaso y después ir a mirar si te ha grabado. Eso sí, no esperes verte la cara.

"Los investigadores usan este tipo de imágenes para controlar los cultivos, observar múltiples situaciones ambientales, echarle un vistazo a los icebergs o saber si este va a ser o no un buen año para las cosechas de trigo". Larson tiene esperanzas de que un día este proyecto pase de ser gratuito a ser una herramienta que Universidades, investigadores, empresas o los mismos gobiernos paguen por utilizar. Pagarían por primeros planos de sitios específicos en momentos concretos A las imágenes, su equipo añadiría informes personalizados para cada cliente. Por ejemplo, a un fabricante de café podría interesarle conocer desde el primer momento si va a ser un buen año para su cosecha y cómo realizar una mejor estrategia en el caso de que vengan malos tiempos. 

Fonte: QUO

Cando eu saiba ler - LITERATURA INFANTIL

Cando eu saiba ler
Castaño, Yolanda
Ilustracións de Xosé Tomás
INFANTIL - Tartaruga
Ata 5 anos

Un texto para descobrir a de cousas que poden facerse cando aprendemos a ler. 

"Cando eu saiba ler, moitos libros hei de ter, e as palabras a voar, polos aires vou botar". Así comeza un libro que é un longo poema sobre a aventura de aprender as letras, todas e cada unha, cos seus sabores e o seu son, sempre máxico.

24 páx.
Rústica
ISBN: 978-84-9865-171-3


FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

domingo, 10 de marzo de 2013

Un neno de 9 anos consegue unha certificación profesional de Microsoft


 
Cada vez é menos sorprendente que un cativo con habilidades para o uso da tecnoloxía consiga superar o exame necesario para certificarse como especialista en tecnoloxías de Microsoft, e desta volta é Pranav Kalyan, un neno de 9 anos orixinario da India o que conseguiu o recoñecemento MCTS (Microsoft Certified Technology Specialist) ao demostrar os seus coñecementos na framework ASP.NET 3.5 o pasado 12 de xaneiro, converténdose na persoa de menor idade con tal cualificación (aínda que temos que lembrar que en 2009 un neno de 8 anos xa conseguira un recoñecemento semellante).

O pai do cativo xa recoñecía que non só o rapaz está fascinado polos ordenadores coma se fosen xoguetes, senón que xa comezara a programar aos 6 anos e incluso é capaz de resolver problemas de cálculo integral e diferencial, ou sexa, que ten unha capacidade para as matemáticas impropias dun neno da súa idade, o que claramente contribúe a que sexa quen de desenvolver software. 

mércores 16 de xaneiro do 2013, por Marcus Fernández 
Fonte: Código Cero

Papá é meu! - LITERATURA INFANTIL

Papá é meu
Casalderrey, Fina
Ilustracións de Irene Fra
INFANTIL - Tartaruga
Ata 5 anos

Adela e Paulo son dous irmáns que rivalizan por ver a quen lle fai máis caso papá. 

Estes irmáns non se poñen de acordo en nada. Están todo o día rifando para conseguir a súa atención… ata que pasa algo realmente serio que lles vai facer pensar sobre ese xeito de se comportar.

24 páx.
Rústica
ISBN: 978-84-9865-173-7 

FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA 

sábado, 9 de marzo de 2013

Xuventude.net


Xuventude.net é unha páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que pretende ser o medio a través do cal os e as xóvenes galegos poidan realizar accións sociais, facerse voluntario, asociarse ou simplemente, pasar o tempo libre. A través deste web a dirección xeral posibilita que se lle fagan consultas, seguir as súas actividades a través das redes sociais, tentar ser o referente informativo da xuventude e gozar cos seus programas. En definitiva estar en contacto coa xuventude e serlle de utilidade.

En Xuventude.net podedes acceder a moitos recursos para a mocidade e o voluntariado: 

Rede Galega de Información Xuvenil: composta por oficina de información destinadas á mocidade espalladas por toda Galicia onde atoparás toda a información e documentación que necesites.

Observatorio Galego da Xuventude: É un órgano colexiado destinado á creación e difusión de políticas de xuventude.

Boletín semanal: Informa sobre novidades da última semana sobre cursos, bolsas ou axudas publicadas nesta web.

Boletín mensual Eurodesk: Esta boletín está editado polo Instituto da Xuventude e contén información actualizada sobre datas de presentación de solicitudes de programas españois e europeos, novidades e novas nas áreas de educación, formación e xuventude.

Boletín mensual INJUVE: É unha guía de información xuvenil sobre actividades, bolsas e axudas, cursos, premios, publicacións, recursos web, e lexislación sobre xuventude.

Xuventude Novas: Recolle todas as novidades que lle interesan á mocidade.

Formularios e modelos: Neste apartado poderás descargar todos os formularios relacionados con actividades da Dirección Xeral.

E moitas cousas máis...

¡INFORMATE!
EN

Como controlar quién puede enviarte mensajes en Facebook

¿Te llegan mensajes escalofriantes, uno tras otro en Facebook?. Estos son los pasos para evitar que aterricen en tu bandeja de entrada.

Haz clic en el candado en la esquina superior derecha. Son los llamados accesos directos de privacidad.


Selecciona la opción “¿Quién puede ponerse en contacto conmigo?”.

Si activas el “Filtro estricto”, sólo los mensajes de tus amigos llegan a tu bandeja de entrada.


Sin embargo, en la página de mensajes puedes encontrar aquellos mensajes que Facebook ha filtrado, bajo la pestaña “Otro”. Normalmente los mensajes de personas que no son tus amigos irán a esta carpeta. Compruébala periódicamente. 

Fuente: todosloscomo.com


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger