E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

venres, 9 de marzo de 2018

A VOZ INSURRECTA

 

A VOZ INSURRECTA
María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida
Autora: Montse Pena Presas
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Letras Galegas

Xénero: Biografía

Escritora, Profesora, Conferenciante e impulsora de diferentes iniciativas culturais, María Victoria Moreno foi unha muller con facetas moi diversas e cunha capacidade sorprendente para adiantarse ao tempo que lle tocou vivir.

Cun estilo áxil, que combina a investigación das fontes co relato biográfico e análise da obra literaria, Montse Pena achéganos en A voz insurrecta unha biografía en que a vida da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2018 queda reflectida tal cal era: chea de elementos cotiáns mais tamén coas reviravoltas propias dunha novela.

A súa procedencia estremeña e a capacidade de asumir o galego como lingua propia, a entrega constante nas aulas e o compromiso adquirido coa literatura infantil e xuvenil galega, aínda incipiente cando comeza a escribir, trazan o singular perfil da muller comprometida que quería deixar "un ronsel de amor, un bo exemplo e un libro que descubra algo a quen o lea".

ISBN:978-84-9151-156-4
Nº de páxinas: 177
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger