O próximo xoves 8 de marzo celébrase en moitos países do mundo o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
Cando as mulleres de todos os continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, únense para celebrar o seu día, poden contemplar unha tradición de non menos de noventa anos de loita en prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.
O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita plurisecular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home.
Na antiga Grecia, Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra; na Revolución Francesa, as parisienses que pedían «liberdade, igualdade e fraternidade» marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino. A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do século XIX, que foi, no mundo industrializado, un período de expansión e turbulencia, crecemento fulgurante da poboación e ideoloxías radicais.
A celebración quere chamar a atención sobre os dereitos e o activismo das mulleres rurais, que constitúen máis dun cuarto da poboación mundial e a maioría do 43% das mulleres que se dedican á agricultura no mundo. Labran a terra, plantan as sementes que alimentan ás súas comunidades e fanse resilientes fronte ao cambio climático. Con todo, en case todos os aspectos do desenvolvemento, debido ás arraigadas desigualdades e discriminación por razóns de xénero, as mulleres rurais viven en peores condicións que os homes rurais ou as mulleres urbanas. Por exemplo, menos dun 20% dos propietarios de terras son mulleres, e aínda que a brecha salarial en base ao xénero é o 23%, nas áreas rurais esa cifra sobe ata o 40%. Carecen de infraestruturas e servizos, traballos dignos e protección social, ademais de ser máis vulnerables para os efectos do cambio climático. As mulleres rurais e as súas organizacións teñen un enorme potencial e estanse movendo para reclamar os seus dereitos e mellorar os seus medios de vida e o seu benestar. Usan métodos agrícolas innovadores, poñen en funcionamento negocios con éxito, aprenden novas habilidades e coñecementos, reclaman os seus lexítimos dereitos e preséntanse a cargos públicos.
O 8 de marzo, únete ás activistas de todo o mundo, aproveita o momento, e pon do teu parte para transformar as vidas das mulleres alí onde se atopen. Agora é o momento!
Fai clic AQUÍ se queres ler a Mensaxe do Secretario Xeral da ONU con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2018.
Fonte: ONU

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.