E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

martes, 6 de marzo de 2018

MARÍA VICTORIA MORENO - A muller que durmía pouco e soñaba moito


MARÍA VICTORIA MORENO
A muller que durmía pouco e soñaba moito
Autora: Fina Casalderrey
Ilustracións: Marilar Aleixandre

Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Colección  Merlín

Xénero:  Infantil- Biografías

Idade Recomendada: A partir de 12 anos

Este libro é un acto de cariño, no que Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre ofrecen un fermoso retrato de María Victoria Moreno, a escritora, á que está dedicado o 17 de maio de 2018.

Iniciada polo relato apaixonante do que sucedía na libraría Xuntanza de Pontevedra, da que era socia María Victoria, esta biografía segue o fío da vida da autora, dende os seus anos difíciles de infancia e formación, até a súa chegada en 1963, a Galicia, onde exerceu como profesora de lingua e literatura.

Un relato no que están presentes, a súa paixón polo ensino e polos animais, reflectida en voa parte das súas obras, a súa capacidade para meterse na pel dos personaxes dos libros propios e alleos, ate a valente actitude coa que enfrontou o cancro.

Unha obra da autora María Victoria Moreno recentemente galardonada co Día das Letras Galegas 2018.

ISBN:978-84-9121-311-6
Nº de páxinas: 127
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger