mércores, 7 de marzo de 2018

A HISTORIA EN FEMININO

Baixo o lema «Agora é o momento: as activistas rurais e urbanas transforman a vida das mulleres», a celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER de 2018 súmase a un movemento mundial sen precedentes polos dereitos, a igualdade e a xustiza das mulleres. O acoso sexual, a violencia e a discriminación contra as mulleres acapararon os titulares e o discurso público, cunha crecente determinación a favor do cambio.

Dende BiblioPazos preparamos para conmemorar este día cunha actividade dirixida aos escolares do municipio que terá lugar o Venres 9 de Marzo a partir das 11:00 horas no Auditorio do Concello,  denominada "A HISTORIA EN FEMININO" a cargo da actriz Ana Hermida da AsociaciónCultural Lisístrata.

Clica AQUÍ para visualizar os carteis da activiade.

"A HISTORIA EN FEMININO" consiste nun achegamento ao mundo infantil e xuvenil das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que noubo ao longo da historia: científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, escritoras..., todas teñen cabida nesta historia en feminino. A través de contos, curiosidades, diversión en xogos, tentase facer visibles ás mulleres e que a infancia teña unha visión mais real da historia.

Na primeira sesión de 11:00 a 12:00 horas están convidados os alumnos de 3º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

Na segunda sesión de 13:00 a 14:00 horas acudirán ao auditorio os alumnos de 1º e 2º da ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

A entrada é libre ata completar o aforo.

PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS.

Se tes interese en participar nesta activiade chama ao teléfono da biblioteca nº 986 497 273 de 09:00 a 14:00 e inscríbete na activiade.

ESPERÁMOSTE!!!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger