martes, 16 de febreiro de 2016

O REI DOS ANIMAIS

O REI DOS ANIMAIS
Autor: Miguel Tanco
Editorial: Edicións La Fragatina - 2015
Coleción: Lo Mullarero

Xénero: Literatura Infantil - Contos
Idade recomendada: +4 anos

A vida na sabana resulta dura incluso para o rei dos animais. Por iso un día o león decide que vai empezar a ditar leis que lle faciliten a vida a el, sen se preocupar pola repercusión que estas leis arbitrarias poidan ter para os outros animais.

Unha fábula divertida que nos axuda a reflexionar cos máis pequenos sobre o poder e a responsabilidade que implica. Miguel Tanco escribiu un conto cheo de fondura e humor e ilustrouno de maneira maxistral, xogando con formas e cores para traernos a luz da sabana ata a casa.

ISBN: 978-84-16226-52-8
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 26 cm


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger