2º CICLO DE TRADICIÓN ORAL "FALAR POR FALAR"

2º CICLO DE TRADICIÓN ORAL "FALAR POR FALAR"
3, 10, 17 e 21 de Novembro de 2017 / Auditorio do Concello

Cuentos violetas

Cuentos violetas
22-Novembro-2017 / Sala de Lectura

venres, 19 de febreiro de 2016

DE REMATE

DE REMATE
Autor: Héctor Cajaraville
Editorial: Edicións Xerais de Galicia, S.A - 2015
Xénero: Novela

"De remate" é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: correos electrónicos, anotacións en blogs, poemas, documentos oficiais...

A través das páxinas desta novela non asistimos só ao retrato sociolóxico da Galicia que habitamos, senón que tamén imos descubrindo a propia vida e o itinerario persoal do protagonista, aflixido por unha doenza coa que se ve obrigado a convivir e que combate con humor, estoicismo e ironía.

Coa lectura dos seus textos imos descubrindo un Bieito Sanmarful que se mostra, nos últimos anos da súa vida, como unha persoa fráxil e dependente, autoesixente, que nos achega a súa visión nada dogmática sobre o mundo e as persoas que o rodean, a través dunha reflexión permantente sobre si mesmo.

Estamos ante un relato de estructura poliédrica no que se artella un calidoscopio literario do país e dos seus habitantes valéndose dunha amálgama de estilos metaliterarios cos que o propio autor comparte protagonismos.

"De remate" é unha novela entretida, divertida, ben escrita, que recrea con acerto e moita habilidade diferentes rexistros lingüísticos, incluídas diversas variantes dialectais que axudan a retratar os personaxes; unha novela sólida, moderna, que convence, que engancha e que nos fai redescubrir o gusto pola palabra.

PREMIO XERAIS 2015

ISBN: 978-84-9914-931-8
Encadernación: Tapa branda
Nº de  páginas: 214

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger