2º Ciclo de Tradición Oral "Falar por Falar"

2º Ciclo de Tradición Oral "Falar por Falar"
3, 10, 17 e 21 de Novembro de 2017 / Auditorio do Concello

sábado, 20 de febreiro de 2016

OLLOS DE AUGA

OLLOS DE AUGA
Autor: Domingo Villar
Editorial: Galaxia, S.A - 2014

Xénero: Narrativa

Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que compagina o seu traballo na comisaría cun consultorio radiofónico.

O caso desenvólvese entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada dos círculos da alta burguesía viguesa. Domingo Villar (Vigo, 1971), escritor que procede da televisión e do cinema, artella unha novela policial na que suspense; personaxes e mundo urbano están salferidos cun humor agudo e intelixente.

ISBN: 978-84-8288-927-6
Encadernación: Tapa branda
Nº de páxinas: 240


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger