mércores, 17 de febreiro de 2016

O RABAÑO

O RABAÑO
Autora: Margarita del Mazo
Editorial: Edicións La Fragatina - 2014
Coleción: Lo Mullarero

Xénero: Literatura Infantil - Contos
Idade recomendada: +4 anos

Ser ovella é moi doado. Só hai que seguir o que di o manual: pasear, comer, durmir… e axudar a durmir. Non fai falla pensar, abonda con facer o que fan as outras ovellas do rabaño.

Pero que pasa cando unha ovella non segue o manual? Que se converte en… unha ovella negra! E como se consegue que a ovella número 4 axude o Miguel a adormecer?

ISBN: 978-84-16226-03-0
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 26 cm


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger