luns, 15 de febreiro de 2016

"CONTANDO CON ROSALÍA" con Marisa Irimia en BIBLIOPAZOS


Co motivo de que o próximo día 24 de febreiro conmemórase o 179 Aniversario do nacemento de

Rosalía de Castro

Para celebrar este acontecemento teremos en BIBLIOPAZOS a:

MARISA IRIMIA
Narradora oral - Ilustradora
Actriz - Animadora á lectura

o Venres día 26 de febreiro
ás 13:00 horas
na Sala de lectura de BIBLIOPAZOS

co seu espectáculo de narración oral

"Contando con Rosalía"

Rosalía estaba sentada debaixo dunha árbore lendo un conto. De súpeto, unha xigantesca raposa saltou sobre ela e atrapouna.

-Ai, vou facer sopa de Rosalía! –dixo a raposa.

A raposa meteu a Rosalía nunha pota pero… esa sopa non vai
saber a nada. Non leva nin poesías nin contos!! Para que estea boa, a sopa TEN QUE LEVAR POESÍAS E CONTOS…!!

Poemas e contos para compartir, cargados da musicalidade da poesía de Rosalía de Castro.

Un achegamento á poesía e á narración oral dun xeito lúdico,
divertido e saboroso. Rimas, poesías e contos para o Aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Para nenos de 4 a 11 anos

Obrigatorio: Inscrición previa na biblioteca. 

PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!

 CONTAMOS CONTIGO!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger