martes, 25 de marzo de 2014

Programa de Animación á Lectura de BIBLIOPAZOS

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén (BIBLIOPAZOS) organizará durante os próximos meses de Marzo, Abril, Maio e Xuño diversas actividades de animación á lectura en colaboración co programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que se desenrolará ao longo do ano 2014 a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.


Con esta programación, preténdese contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir. Así ofrécense un conxunto de actividades para achegar a cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraente.

O desenvolvemento destas actividades de dinamización no ámbito da biblioteca reforzan o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que as bibliotecas proporcionan. 

BIBLIOPAZOS comparte os obxectivos do programa LER CONTA MOITO co que se pretende:

  • Fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación, a través dun achegamento á biblioteca que esperte o interese polo que esta pode ofrecer.
  • Fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais.
  • Consolidar a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade.
  • Promover o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo.
  • Valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión.

As actividades programadas son as seguintes:


https://www.dropbox.com/s/n14mimx6semqtt4/2014-03-27%20CARTEL%20Contacontos%20de%20libros%20contentos.pdf
Xoves 27 de Marzo, ás 13:00 horas na Sala de Lectura de Bibliopazos, conmemoraremos o Día Internacional do Teatro coa actriz, escritora e contacontos Carmen Domech co seu espectáculo de narración oral "Contacontos de libros contentos" dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos.
  https://www.dropbox.com/s/h1tfiyz1nlugr24/2014-04-02%20CARTEL%20Xogando%20coas%20letras.pdf
Mércores 2 de Abril, a partir das 12:30 horas na Sala de Lectura, celebraremos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil cun obradoiro creativo a cargo de Patricia Martínez de EDUVÍA denominado "Xogando coas letras".


https://www.dropbox.com/s/ilfam1gw1uxez8b/2014-04-24%20CARTEL%20Contos%20susurrados.pdf
Xoves 24 de Abril, ás 13:00 horas no Auditorio do Concello terá lugar a actuación de Fátima Fernández co espectáculo de narración oral "Contos susurrados" co que celebraremos o Día Internacional do Libro.


https://www.dropbox.com/s/umedhhe32si8eaz/2014-05-15%20CARTEL%20O%20misterio%20do%20pirata%20Benito%20Soto%20polocorreodovento_rgb.jpg
Xoves 15 de Maio, ás 13:00 horas na Sala de Lectura da biblioteca contaremos coa presencia de Enrique Mauricio e Carlos Taboada de Polo Correo do Vento que nos deleitarán co seu espectáculo de contacontos "O misterio do pirata Benito Soto".


https://www.dropbox.com/s/7cgiefe352jfo7h/2014-06-05%20CARTEL%20A%20ciencia%20%C3%A9%20divertida.pdf
Xoves 5 de Xuño, na Sala de Lectura, en horario de 11:00 a 12:00 e de 13:00 a 14:00 horas terá lugar o obradoiro creativo "A ciencia é divertida" que levará a cabo Ana Romero Porto "Nita". Esta actividade vai dirixida aos alumnos de infantil do Colexio Público Integrado "Curros Enríquez" de Pazos de Borbén.

Nos próximos días iremos informando puntualmente de cada unha destas actividades.

PARTICIPA DAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger