E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

mércores, 26 de marzo de 2014

"Contacontos de libros contentos" con Carmen Domech

Comenzan as actividades de Animación á Lectura en BIBLIOPAZOS, organizadas en colaboración co programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que se se levarán a cabo nos meses de Marzo, Abril, Maio e Xuño de 2014.


O programa LER CONTA MOITO desenrolase a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A primeira das actividades será mañán Xoves 27 de Marzo e este é o seu cartel.

https://www.dropbox.com/s/2ljvf6mk37l8nfn/2014-03-27%20CARTEL%20Contacontos%20de%20libros%20contentos.pdf


A partir das 13:00 horas na Sala de Lectura de Bibliopazos, conmemoraremos o Día Internacional do Teatro coa actriz, escritora e contacontos Carmen Domech que nos presentará o seu espectáculo de narración oral "Contacontos de libros contentos" no que participarán os alumnos de 5º e 6º de Primaria do Colexio Público Integrado "Curros Enríquez" de Pazos.


"Os libros da miña casa tolearon por completo. A cada un aconteceulle un suceso incrible e viaxan nunha maleta de acá para alá querendo contar a súa historia. Hainos de todo tipo: tímidos, divertidos, intrépidos, deliciosos. Cousas fantásticas contan estes libros, pois de todo lles pasou."

   

Con este contacontos mostraranse os libros dende unha perspectiva diferente, achegándose ao público dunha forma máxica, intentando fomentar a súa imaxinación e incitando aos participantes a descubrir por eles mesmos as marabillosas historias que os libros encerran.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger