E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

xoves, 27 de marzo de 2014

Día Mundial do Teatro 2014

 

O Día Mundial do Teatro creouse en 1961 por iniciativa do Instituto Internacional do Teatro (ITI). Celébrase anualmente o 27 de marzo polos Centros ITI e a comunidade teatral internacional.

Varios eventos teatrais nacionais e internacionais son organizados para conmemorar esta ocasión. Un dos máis importantes é a circulación da Mensaxe Internacional do Día Mundial do Teatro a través do cal, por convite do ITI, unha figura de talle mundial comparte as súas reflexións sobre o tema do Teatro e unha Cultura de Paz. A primeira Mensaxe Internacional do Día Mundial do Teatro foi escrita por Jean Cocteau (Francia) en 1962.

Primeiro foi en Helsinki, e logo en Viena, no 9º Congreso Mundial do ITI en xuño de 1961 que o Presidente Arvi Kivimaa propuxo en nome do Centro Finlandés do Instituto Internacional de Teatro que un Día Mundial do Teatro fora instituído. A proposta, avalada polos centros escandinavos, realizouse por aclamación.

Dende entón, cada ano o 27 de marzo (data da apertura de 1962 do "Teatro das Nacións" tempada en París), o Día Mundial do Teatro celébrase en moitas e variadas formas polos Centros Nacionais do ITI dos cales na actualidade hai case 100 en todo o mundo.

Cada ano, unha figura sobresaínte no teatro ou unha persoa excepcional en corazón e espírito doutro campo, é invitada a compartir as súas reflexións sobre o teatro e a harmonía internacional. O que se coñece como a Mensaxe Internacional tradúcese en máis de 20 idiomas, lidos por decenas de miles de espectadores antes das presentacións en teatros de todo o mundo e imprimido en centos de diarios. Colegas no ámbito audiovisual dan unha man fraternal, máis de cen estacións de raio e televisión que transmiten a Mensaxe aos oíntes en todos os cantos dos cinco continentes.»


Mensaxe de Brett Bailey, para o
Día Mundial do teatro 2014

Onde quer que houber sociedade humana, o Espírito irreprimible da Representación maniféstase.

Baixo as árbores de pequenas aldeas, e sobre os sofisticados escenarios das grandes metrópoles; nas entradas das escolas e en campos e en templos; en suburbios, en prazas públicas, en centros socio-culturais e nos subsolos das cidades, a xente reúnese en comuñón arredor dos efémeros mundos teatrais que creamos para expresar a nosa complexidade humana, a nosa diversidade, a nosa vulnerabilidade, en carne e óso, e alento, e voz.

Reunímonos para chorar e para recordar; para rir e contemplar; para aprender, afirmar e imaxinar. Para marabillarnos ante a maña técnica, e para encarnar deuses. Para deixarnos sen alento ante a nosa capacidade para a beleza, a compaixón e a monstruosidade. Imos para nos encher de enerxía e poder. Para celebrar a riqueza das nosas diferentes culturas, e para facer desaparecer as fronteiras que nos dividen.

Onde quer que houber sociedade humana, o Espírito irreprimible da Representación maniféstase. Nacido da comunidade, leva postas as máscaras e as vestimentas das nosas distintas tradicións. Utiliza as nosas linguas, ritmos e xestos, e abre un espazo entre nós.

E nosoutros, os artistas que traballamos con este antigo espírito, sentímonos impulsados a canalizalo a través dos nosos corazóns, das nosas ideas e dos nosos corpos para revelar as nosas realidades en toda a súa mundanidade e o seu refulxente misterio.

Pero, nesta época na que tantos millóns de persoas loitan por sobrevivir, sofren baixo réximes opresivos e o capitalismo depredador, foxen do conflito e das dificultades; na que a nosa vida privada é invadida por servizos secretos e as nosas palabras son censuradas por gobernos intrusivos; na que os bosques están sendo aniquilados, as especies exterminadas e os océanos envelenados: que nos sentimos obrigados a revelar?

Neste mundo de poder desigual, no que distintas ordes hexemónicas intentan convencernos de que unha nación, unha raza, un xénero, unha preferencia sexual, unha relixión, unha ideoloxía, un marco cultural é superior ao resto, pódese realmente defender a idea de que as artes deberían afastarse das axendas sociais?

Nosoutros, os artistas de escenarios e ágoras, conformámonos coas demandas asépticas do mercado, ou utilizamos o poder que temos: para abrir un espazo nos corazóns e as mentes da sociedade, para reunir xente ao noso redor, para inspirar, marabillar e informar, e crear un mundo de esperanza e colaboracións sinceras?

Tradución de Sandra Romaris e Xocas López para Eme2 
"O Teatro ten o poder de moverse, inspirar, transformar e educar de formas que ningunha outra forma de arte pode. O Teatro reflicte tanto a diversidade extraordinaria de culturas coma a nosa condición humana compartida, en toda a súa vulnerabilidade e forza.
(Irina Bokova, Directora Xeneral da UNESCO con motivo do 50º Aniversario do Día Mundial do Teatro.)"
 

Fonte: Instituto Internacional do Teatro (ITI). 

Se queres máis información para traballar na aula ou na casa sobre o Día Mundial do Teatro clica no seguinte logo e accederás a recursos educativos do INTEF.

http://www.ite.educacion.es/es/inicio/noticias-de-interes/780-27-de-marzo-dia-mundial-del-teatro

 
Desde BIBLIOPAZOS queremos trasladarlles a todas e todos os traballadores do sector teatral (autores/as, actores e actrices, escenógrafos/as, directores/as, tremoias, sastres/as, iluminadores/as...) o nosos desexo de que pasen un fermoso e especial día e que gocen de moitos exitos presentes e futuros.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger