xoves, 27 de marzo de 2014

"Contacontos de libros contentos"

https://www.dropbox.com/s/2ljvf6mk37l8nfn/2014-03-27%20CARTEL%20Contacontos%20de%20libros%20contentos.pdf 

Hoxe Día Mundial do Teatro 2014 disfrutaremos dunha nova actividade de animación á lectura dentro da programación organizada por BIBLIOPAZOS para este ano, e para celebrar este día tan especial recibiremos na nosa biblioteca á actriz, escritora e contacontos Carmen Domech que nos presentará o seu espectáculo de narración oral "Contacontos de libros contentos" a partir das 13:00 horas na Sala de Lectura. 

Temos prevista a asistencia dos alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e esperamos que pasen un bo rato con nos.

 

Esta actividade realizase en colaboración co programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que se desenrola a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger