Hoxe comezan os cursos do Programa de Formación Cidadán 2014 do Concello de Pazos de Borbén co inicio do Curso de Mecanografía cunha duración de 20 horas.
Os cursos terán lugar na Aula Informática da Biblioteca Pública Municipal - Centro Antena de Pazos, que dispón de 15 equipos informáticos conectados en rede.
A gran demanda de solicitudes obrigou a estructurar este curso en tres grupos: o grupo de mañá con 14 alumnos, o de tarde con 13 alumnos e outro que comezará o 4 de febreiro con 11 usuarios da asociación ASPAVI.
Durante dúas horas diarias os alumnos aprenderán a teclear correctamente, a escribir cos 10 dedos e a gran velocidade, mediante leccións guiadas e interactivas a través das que os alumnos irán progresando paso a paso e ao seu ritmo.
A mecanografía é o proceso de introducir texto nun dispositivo por medio dun teclado. Para elo, cada tecla é asignada a un dedo concreto, de maneira que a escritura é o máis rápida e cómoda posible.
O Curso axudará aos alumnos a aprender a usar correctamente todos os dedos da man mentres teclean para que escriban máis rápido e así aproveiten mellor o tempo. Os exercicios están repartidos en varios niveis, de menos a máis complexos. Empezarán con letras, seguirán con palabras e finalmente escribirán textos enteiros. En pouco tempo o alumnado mellorará e conseguirá axilidade á hora de escribir co teclado.
Ao finalizar o curso os alumnos deberan conseguir unha velocidade mínima de 200 pulsaciones por minuto. Ademais o curso ofrece estatísticas do progreso, axudas opcionales, etc. A medida que os alumnos van realizando exercicios ven a evolución da súa aprendizaxe en pulsaciones por minuto.
O programa informático utilizado MECANOGRAFÍA 10 axudará aos alumnos, en pouco tempo, a tomar unha destreza do teclado como sempre desexaron.
MECANOGRAFÍA 10 está pensado para que sexa cómodo e agradable seguir o curso; púxose especial énfasis na facilidade de entendemento de todas as opcións do programa, ademais de levar unha contorna gráfica moi agradable.
MECANOGRAFÍA 10 consta do 36 niveis, cada un deles divididos en 4 ó 5 bloques de exercicios, e que fan un total de máis de 600 exercicios.
MECANOGRAFÍA 10 pode cargar Textos Personalizados para que as prácticas sexan máis parecidas á realización de oposicións ou outro tipo de exames.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.