E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

domingo, 6 de outubro de 2013

Os Bolechas - "O autobús escolar" - LITERATURA INFANTIL

O autobús escolar 
Ilustracións de Pepe Carreiro 
Col. Os Bolechas en banda deseñada, 2. 
Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2008

Idade recomendada: + 6 anos

Toca erguerse para ir ao colexio, pero Braulio ten aínda tanto sono que se lía vestíndose e os irmáns Bolechas acaban perdendo o autobús. Menos mal que pasa pola parada a nai dunha compañeira e conseguen meterse no seu coche, que por certo xa ía a tope. Ata que queda sen gasolina. Entón cámbianse para o do pai doutro compañeiro: un camión de formigón, que vai batendo polo camiño e fai que todos os viaxeiros treman. En todo caso, acaba ben a aventura: conseguen chegar á escola á hora. 

Nova serie dos populares irmáns Bolechas, presentada en catro cadros gráficos por páxina, ao xeito do cómic. 

20 páx. 
21,5 x 22,5 cm. 
ISBN 978-84-8341-244-2 

Fonte: BLIX


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger