mércores, 9 de outubro de 2013

A ra - LITERATURA INFANTIL


A ra 
Mon Daporta Padín
Ilustracións de Mon Daporta Padín

Col. Espiral de animaliños. 
Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2006 

Idade recomendada: + 3 anos

A ra camiña a saltos, a brincos e logo cánsase, fatígase, asfixíase. .. Por iso vive escondida nos charcos, lonxe da xente, e cando se asusta de algo pega un brinco... e desaparece. 

Trátase dunha historia mínima, cunha liña por páxina e cunha ilustración minimalista. A súa presentación, en formato de caderno con arame en espiral, e a gramaxe do papel fana moi manexable para dar os primeiros pasos na lectura. 

12 páx. 
24 x 10 cm.
ISBN 978-84-8341-024-0 

Fonte: BLIX

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger