xoves, 10 de outubro de 2013

O peixe - LITERATURA INFANTIL


O peixe 
Mon Daporta Padín
Ilustraciones de Mon Daporta Padín 
Col. Espiral de animaliños.
Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2006 

Idade recomendada: + 3 anos 

Un peixe pequeno miraba as cousas do río: os zapateiros, os nenúfares, os cágados... cando de súpeto un peixe grande o devorou. Conseguiu escapar pola tapa das branquias. Dende entón aprendeu a fuxir dos grandes e tamén das maxias dos anzois. E creceu tanto... que agora é o rei do río. 

Trátase dunha historia mínima, cunha liña por páxina e cunha ilustración minimalista. A súa presentación, en formato de caderno con arame en espiral, e a gramaxe do papel fana moi manexable para dar os primeiros pasos na lectura. 

12 páx.
24 x 10 cm.
ISBN 978-84-8341-023-3

Fonte: BLIX


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger