martes, 8 de outubro de 2013

A xoaniña - LITERATURA INFANTIL


A xoaniña
Mon Daporta Padín
Ilustracións de Mon Daporta Padín
Col. Espiral de animaliños.
Ed. A Nosa Terra. Vigo, 2006

Idade recomendada: + 3 anos 

A xoaniña pequena e avermellada todo o día está á présa e correndo dun lado para outro sen parar, como un turbillón, corricando de aquí para alá, sen saber o que busca. E cando se cansa de andar... bótase a voar. 

Trátase dunha historia mínima, cunha liña por páxina e cunha ilustración minimalista. A súa presentación, en formato de caderno con arame en espiral, e a gramaxe do papel fana moi manexable para dar os primeiros pasos na lectura. 

12 páx.
24 x 10 cm.
ISBN 978-84-8341-021-9

Fonte: BLIX
  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger