mércores, 23 de outubro de 2013

Luces e sombras das redes sociais

No momento de acceder a twitter, a facebook ou a outra rede, convén ter en conta unha serie de mitos e de realidades que favorecen o bo uso destas plataformas.


O fenómeno das redes sociais é moi recente, xa que apenas se superan os dez anos de actividade, anos nos que se desenvolveron unha serie de hábitos e de dinámicas que son, en esencia, os mesmos que temos no mundo real. Non obstante, circulan non poucas concepcións equivocadas sobre a actividade en redes coma twitter ou facebook e, en cambio, outros feitos importantes ignóranse de forma sistemática.

Mitos

O ciberacoso campa ás súas anchas. É probable que haxa poucos sitios máis seguros ca unha rede social de primeiro nivel para defenderse de toda caste de acosadores. Todo o que se di nelas queda rexistrado e calquera expresión ofensiva ou intimidatoria pódese denunciar de xeito inmediato ante os responsables, mediante procedementos ao alcance do usuario. Na maioría dos casos, os ditos responsables actúan de forma tallante cos acosadores, cos ameazadores ou cos calumniadores. Ademais, axentes dos diferentes corpos policiais están destinados a velar pola seguridade das redes e a investigar comportamentos delituosos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger