Autora: Mireia Canals Botines
Ilustracións: Mar Cerdá Albert
Baía Edicións, febreiro 2008
Idade recomendada: 2-7 anos
O obxectivo primeiro deste conto é que o neno ou nena perciba que Marcos sabe, pode e debe ordenar os xoguetes.
Os Contos educativos de Marcos e María ensinan hábitos, condutas e valores, como por exemplo ordenar os xoguetes, vestirse só, a amizade ou o compañeirismo, e potencian a imaxinación e a creatividade da nena e do neno.
Os contos están pensados para axudar a nais, pais e profesorado a establecer condutas de socialización e hábitos de autonomía en nenos e nenas de 2 a 7 anos. Pensados pedagoxicamente, abren portas creativas a todos eles. O fío condutor dos contos son Marcos e María, irmáns de 3 e 1 ano e medio, que nos presentan e despiden as historias, sempre positivas e relaxantes. En cada libro encontraredes, ademais do conto, tres actividades para facer con neno ou nena, unha canción, unha actividade en inglés e unha extra, como por exemplo, un recortable. Por outra parte, cada libro contén unha explicación específica para poder tirar máis proveito do conto. Un conto ten moitas vidas, así que vos invitamos a gozalas todas.
Para rematar, desexamos que esta colección sexa unha ferramenta máis para axudarvos na tarefa diaria de educar e á vez pasalo ben cos pequenos e pequenas.
Este proxecto recibe o asesoramento da Unidade de Psicoloxía infantil da UAB (Universitat Autónoma de Barcelona), e foi motivo dun traballo de campo con máis de 500 nenas e nenos, aos que dedicamos estes contos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.