VISITAS

xoves, 24 de outubro de 2013

DÍA DA BIBLIOTECA 2013

Hoxe 24 de outubro, como cada ano dende 1997 no que a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil empezou a promover esta conmemoración, celébrase o


Os actos centrais a nivel nacional serán este ano na Biblioteca Pública Provincial de Segovia e contarán co apoio do Ministerio de Cultura.


Para conmemorar este día se ten editado un cartel conmemorativo que se distribuíu por todas as bibliotecas de España. O pregón é obra da escritora Laura Gallego e o deseño do cartel do ilustrador e humorista gráfico Andrés Rábago, "El Roto". 

Con esta celebración se quere concienciar a nosa sociedade da importancia da lectura, especialmente entre os nenos e mozos e para agradecer e potenciar a extraordinaria labor dos bibliotecarios e bibliotecarias.

A actual crise económica e social vai estreitando día a día o cerco dos servizos públicos en xeral e das bibliotecas en particular, e fai que agora máis que nunca, sexa necesario destacar, ensalzar e celebrar a existencia das bibliotecas, que garantizan o acceso dos ciudadáns á información e promoven o acceso á cultura.

Pregón. Relato de Laura Gallego:


Érase una vez un viajero que llegó desde un lugar lejano a un pueblo en el que no había libros. Se sentó a descansar en la plaza mayor y sacó de su morral un viejo volumen de cuentos. Cuando empezó a leer en voz alta, los niños, que nunca habían visto nada semejante, se sentaron a su alrededor para escucharlo.

El visitante relató historias que fascinaron a sus oyentes y les hicieron soñar con fantásticas aventuras en reinos maravillosos. Cuando terminó, cerró el libro para volver a guardarlo en su morral. Nadie se percató de que, al hacerlo, escapaban de entre sus páginas algunas palabras sueltas que cayeron al suelo.

El viajero se marchó por donde había venido; tiempo después, los habitantes del pueblo descubrieron el pequeño brote que elevaba sus temblorosas hojitas hacia el sol, en el lugar en el que habían caído las palabras perdidas.

Todos asistieron asombrados al crecimiento de un árbol como no se había visto otro. Cuando llegó la primavera, el árbol exhibió con orgullo unas hermosas flores de pétalos de papel. Y, con los primeros compases del verano, dio fruto por primera vez.

Y sus ramas se cuajaron de libros de todas clases. Libros de aventuras, de misterio, de terror, de historias de tiempos pasados, presentes y futuros. Algunos se atrevieron a coger esos frutos, y había un sabio en el lugar que les enseñó a leer para poder disfrutarlos.

A veces, la brisa soplaba y sacudía las ramas del árbol. Las hojas de los libros se agitaban y dejaban caer nuevas palabras. Y pronto hubo más brotes por todo el pueblo; y en apenas un par de años, los árboles-libro estaban por todas partes.

Se corrió la voz; muchos investigadores, curiosos y turistas pasaron por allí para conocer el lugar donde los libros crecían en los árboles. Los habitantes del pueblo leían sus páginas con fruición, y cuidaban cada brote con gran mimo. Y así iban recogiendo más y más historias con cada nueva cosecha de libros.

Un día, los más sabios del lugar se reunieron y acordaron compartir su tesoro con el resto del mundo. Eligieron a un grupo de jóvenes y los animaron a escoger un libro del primer árbol que había crecido en el pueblo. Después, los enviaron a recorrer los caminos.

Ellos se repartieron por el mundo, buscando un hogar para su preciada carga, y así, con el tiempo, cada uno dejó su libro en una biblioteca diferente.

Y cuenta la historia que allí siguen todavía. Que hay algunas bibliotecas que guardan entre sus estantes un libro especial que deja caer palabras-semilla. Y que, si aterrizan en el lugar adecuado, cada una de esas palabras crecerá hasta convertirse en un árbol que dará como fruto nuevos libros.

Nadie sabe en qué bibliotecas se encuentran estos libros maravillosos. Se desconoce también cuáles, de entre todos sus volúmenes, son los que proceden del pueblo donde los libros crecen en los árboles. Podría ser cualquiera, y podría estar escondido en cualquier rincón de cualquier biblioteca del planeta.

Animaos a entrar en ellas y a explorar sus estanterías, viajeros; porque quizá deis por casualidad con un libro cuyas palabras echen raíces en vuestro corazón y hagan crecer un magnífico árbol de historias cuyas semillas puedan llegar a cambiar el mundo.

¡Feliz día de la biblioteca!
Laura Gallego García

VERSIÓN EN GALEGO

Érase unha vez un viaxeiro que chegou dende un lugar afastado a un pobo no que non había libros. Sentouse a descansar na praza maior e sacou do seu morral un vello volume de contos. Cando empezou a ler en voz alta, os nenos, que nunca viran nada semellante, sentáronse ao seu arredor para escoitalo.

O visitante relatou historias que fascinaron aos seus oíntes e fixéronlles soñar con fantásticas aventuras en reinos marabillosos. Cando rematou, pechou o libro para volver gardalo no seu morral. Ninguén se decatou de que, ao facelo, escapaban de entre as súas páxinas algunhas palabras soltas que caeron ao chan.

O viaxeiro marchou por onde viñera; tempo despois, os habitantes do pobo descubriron o pequeno brote que elevaba as súas trementes folliñas cara ao sol, no lugar no que caeran as palabras perdidas.

Todos asistiron asombrados ao crecemento dunha árbore como non se vira outro. Cando chegou a primavera, a árbore exhibiu con orgullo unhas fermosas flores de pétalos de papel. E, cos primeiros compases do verán, deu froito por primeira vez.

E as súas ramas calláronse de libros de todas clases. Libros de aventuras, de misterio, de terror, de historias de tempos pasados, presentes e futuros. Algúns atrevéronse a coller eses froitos, e había un sabio no lugar que os ensinou a ler para poder gozalos.

Ás veces, a brisa sopraba e sacudía as ramas da árbore. As follas dos libros axitábanse e deixaban caer novas palabras. E pronto houbo máis brotes por todo o pobo; e en apenas un par de anos, os árbores-libro estaban por todas as partes.

Correuse a voz; moitos investigadores, curiosos e turistas pasaron por alí para coñecer o lugar onde os libros crecían nas árbores. Os habitantes do pobo lían as súas páxinas con fruición, e coidaban cada brote con gran mimo. E así ían recollendo máis e máis historias con cada nova colleita de libros.

Un día, os máis sabios do lugar reuníronse e acordaron compartir o seu tesouro co resto do mundo. Elixiron un grupo de mozos e animáronos a escoller un libro da primeira árbore que crecera no pobo. Despois, enviáronos a percorrer os camiños.

Eles repartíronse polo mundo, buscando un fogar para a súa prezada carga, e así, co tempo, cada un deixou o seu libro nunha biblioteca diferente.

E conta a historia que alí seguen aínda. Que hai algunhas bibliotecas que gardan entre os seus estantes un libro especial que deixa caer palabras-semente. E que, se aterran no lugar axeitado, cada unha desas palabras crecerá ata converterse nunha árbore que dará como froito novos libros.

Ninguén sabe en que bibliotecas se encontran estes libros marabillosos. Descoñécese tamén cales, de entre todos os seus volumes, son os que proceden do pobo onde os libros crecen nas árbores. Podería ser calquera, e podería estar escondido en calquera canto de calquera biblioteca do planeta.

Animádevos a entrar nelas e a explorar os seus estantes, viaxeiros; porque quizais deades por casualidade cun libro cuxas palabras boten raíces no voso corazón e fagan crecer unha magnífica árbore de historias cuxas sementes poidan chegar a cambiar o mundo.

Feliz día da biblioteca!
Laura Gallego García


ANÍMATE! E VISITA A BIBLIOTECA

ESPERÁMOSTE O MARTES DÍA 24 DE OUTUBRO
Pola mañá de 09,00 a 14,00 horas
Pola tarde de 16,00 a 20,30 horas

TAMEN PODES VISITARNOS CALQUERA OUTRO DÍA NO HORARIO HABITUAL DE APERTURA


FAITE SOCIO!
GOZA DA LECTURA
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger