sábado, 26 de outubro de 2013

Cormarín - LITERATURA INFANTIL


Cormarín
Xoán Babarro González
Ilustracións de Ana Santiso
Sotelo Blanco Edicións. Santiago de Compostela, 2009

Idade recomendada: + 3 anos 

Nun acantilado, dun ovo encantado, asómase un corvo mariño. Como os pais cren que nadará mellor que os pingüíns deciden chamalo Cormarín. Come bocadillos con son de bucina para que non lle falte vitamina e ensalada de algas con gotitas de sal para ter un voo sensacional. Crécenlle aletas de submarinista segundo se vai facendo maior... Pero, con gran desgusto dos pais, non quere voar por medo ao vento nin nadar porque son grandes as ondas do mar... Ata que lle di unha fada que os corvos mariños valentes se somerxen de súpeto e os medrosos van na boca dos raposos. Entón, lánzase ao xardín do fondo do mar e trae como trofeo do ceo un fulgor... 

E xa voa alegre Cormarín, poñéndoo a este conto fin. A este álbum rimado e coa música dunhas imaxes que enmarcan a axilidade lectora no dinamismo da figuración sobre fondos planos. 
 
ISBN 978-84-7824-578-9 
28 páx.
22 x 21 cm. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger