mércores, 28 de agosto de 2013

Un conto de galiñas - LITERATURA INFANTIL


Un conto de galiñas
Texto e ilustracións de Mon Daporta
Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2005
Colección: Un conto de...

Idade recomendada: + 3 anos 

Conta a voz narradora que tiña dez galiñas no galiñeiro, pero foi quedando sen ningunha porque, sucesivamente e dunha nunha, lle desapareceron todas por razóns diferentes: marchando cun galo, sen regresar de facer un encargo, caendo polo retrete, perdéndose, quedando no baile, roubada por un gato, saíndo de esmorga cun inglés, paseando, fuxindo cara á lúa ou, a última, afogada nun regato.

Pero como así era unha tristura o galiñeiro volveu ter outras dez, e novamente dunha nunha: compradas, regaladas ou encontradas nun burato, un paquete ou voando no aire. Entón o galiñeiro baleiro volveu estar cheo outra vez.

Con esta historia escrita en cuartetas de doada lectura, os lectores e lectoras aprenden a contar ata dez, tamén en orde inversa. A edición en capa dura destaca polas ilustracións en cor a toda páxina, nun formato manexable, resistente e orixinal.
 
24 páx.
12 x 31 cm.
ISBN 84-96403-80-7 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger