luns, 26 de agosto de 2013

ANTÓN E POMPÓN: Nenos do mundo - LITERATURA INFANTIL

ANTÓN E POMPÓN:
Nenos do mundo
Textos: Mon Daporta
Ilustracións: Anxo Fariña 
Edicións A Nosa Terra. Vigo. 2005

Contos dedicados aos mais pequenos da casa (0-5 anos). Escritos en rima, e con temas moi variados con Antón, Pompón e uns seres máxicos chamados pelelliños.

Na escola, Antón e os seus amigos van ver como son os nenos doutros sitios. Para iso, a mestra ensínalles un libro moi grande de fotografías no que aparecen: unha xaponesa con quimono de seda; un tuareg do deserto ben protexido do sol e do vento; unha norteamericana ante uns rañaceos; un neno ruso abrigado, pois hai neve; unha nena da India que vai co mono ao mercado; un rapaz esquimó jungo a uns iglús; unha moderna nena francesa de París; un neno queniano xogando ao balón ao pé dun león; unha rapaciña surfista australiana preto dun coala e un neno escocés coa faldra tradicional.

Colección protagonizada por Antón un neno con moito afán por aprender, e o rato Pompón, que encontrou un día no seu zapato e dende entón son moi bos amigos. Os Pelellinos son uns seres máxicos que só os nenos poden ver. Gústalles rir, brincar e xogar cos nenos.

Edición en tapa dura con ilustracións en cor a toda páxina e texto mínimo con sinxelos pareados.
 
Nº páx.: 24
Formato: 12 x 31 cm.
ISBN 84-96403-02-5

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger