Textos: Mon Daporta
Ilustracións: Anxo Fariña
Edicións A Nosa Terra. Vigo. 2005
Contos dedicados aos mais pequenos da casa (0-5 anos). Escritos en rima, e con temas moi variados con Antón, Pompón e uns seres máxicos chamados pelelliños.
Antón
faise unha lea co calendario con tantos días e tantos meses. Hai que
axudarlle unindo os nomes coas cousas que fan. Así: cando comeza o ano,
hai neve e vai frío, é xaneiro; febreiro é o máis pequeno, o de Carnaval; marzo é o do tempo revolto; en abril as plantas énchense de flor; maio é un mes de xogos e festas;
en xuño remata a escola e comeza o verán; xullo e agosto son para
descansar e bañarse fuxindo da calor; en setembro volve a escola;
outubro pon as follas de cores e maduran castañas e noces; en novembro
faise o magosto; en decembro é o Nadal de alegría e regalos, cando remata o ano.
Todo
iso contado en cuartetas sinxelas e directas a ton coas ilustracións a
toda páxina, nunha edición en capa dura dun formato distinto e
resistente moi manexable polo lectorado ao que se dirixe das primeiras
idades lectoras.
Nº páx.: 24
Nº páx.: 24
Formato: 12 x 31 cm.
ISBN 84-8341-017-6En BIBLIOPAZOS dispoñemos tamén dos seguintes títulos desta colección:
ANTÓN E POMPÓN: As horas.
ANTÓN E POMPÓN: Comparacións.
ANTÓN E POMPÓN: As vogais.
ANTÓN E POMPÓN: Os números.
ANTÓN E POMPÓN: As sensacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.