E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

sábado, 27 de xullo de 2013

Compostela - LITERATURA INFANTIL

Compostela
Texto e ilustracións:DAVID PINTOR
1ª edición, decembro 2010 
Idade recomendada: Todas as idades


 …Saia da casa, achéguese a esa acolledora cafetaría que tanto lle gusta. Pida un café ben quente, e mentres agarda a que llo sirvan, mire a través da ventá a fermosa paisaxe que se amosa. Fóra vai frío, pero dentro do local a temperatura é moi agradable. No ambiente déixase oír Estate na versión de Eliane Elías… O café xa está aquí, co seu aroma que aboia en cada recuncho. Agora si.
“…Pintor non se limita a retratar a cidade tal como é, senón que introduce elementos propios do realismo máxico, que permiten fantasiar e imaxinar outra cidade”. Xesús Fraga (La Voz de Galicia)
“…Non son as tradicionais postais, nen debuxos para sair do paso. Non hai topicazo, a chuvia, a catedral ou o pelegrín. O que hai son pequenos anacos da vida diaria (Mazarelos, Bonaval, a Igrexa da Universidade…) da paisaxe urbao, dunha bela cidade”. Rubén Santamarta (Bdteca).
David Pintor comparte neste caderno de viaxe a súa visión máis persoal dunha das cidades históricas máis fermosas, acolledoras e entrañables, xa non só de Galicia ou de España, senón acaso do mundo enteiro. Coas súas peculiaridades, cos seus contrastes, coas súas sorpresas. Unha bici como medio de locomoción, unha libreta e un rotulador como medio de expresión, e un bo café como incentivo para cada paseo, son os fíos condutores deste libro de artista.

A través das súas páxinas, con máis de 30 ilustracións, percorremos a xeografía da cidade: dende os edificios máis antigos ata os máis modernos; prazas, rúas e espazos naturais; recunchos singulares e de visita obrigada… nos que abundan os elementos imaxinarios.

Sentimos o paso devagar do tempo, das nubes, da chuvia ou do sol. E así, os trazos e cores deste caderno son unha invitación a ver a cidade con outros ollos; ou a coñecer Compostela, a lembrala e, por suposto, a volver. 


Temática: caderno de viaxe.
Aspectos destacables: percorrido visual por distintos espazos da cidade de Santiago de Compostela, con máis de 30 ilustracións. 
Aplicacións: Historia de Compostela, Turismo, Cultura.

Encadernado en cartoné. 25 x 17 cm.
64 páxinas a toda cor.
ISBN 978-84-8464-751-5 

Fonte: Editorial Kalakandra

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger