luns, 10 de xuño de 2013

A máscara do león - LITERATURA INFANTIL

A máscara do león
Texto de Margarita del Mazo
Ilustracións de Paloma Valdivia
Tradución do castelán de Antón Fortes
OQO Editora, xullo 2009
+ de 3 anos 

Unha noite,
Papá León foi visitar o picapau
e encargoulle unha máscara lixeira como unha pluma,
fría como o odio e vermella como a ira.
 

O paso á idade adulta do chamado a ser Rei da sabana é usado por Margarita del Mazo como un argumento contra clixés e convencionalismos O álbum encerra unha crítica a todos aqueles que viven as súas vidas, conforme ao que os demais esperan deles. Ademais, alerta das dificultades á hora de alcanzar algo tan simple, e á vez tan complicado, como ser un mesmo.

A organización cromática (vermellos, amarelos, azuis) das ilustracións de Paloma Valdivia reforza a localización xeográfica da historia e a súa carga dramática, o que non é incompatible con outras funcións das cores, como acentuar o carácter positivo e alegre dos protagonistas, ou complementar a carga narrativa do texto.

O traballo da ilustradora chilena destaca tamén polo alto grao de iconicidade dos personaxes, sobre todo no caso dos secundarios, en simbiose perfecta cos que ocupan os primeiros planos. Ademais, a autora deléitanos con estilizados esquematismos gráficos e cunha figuración tan persoal como recoñecible.

978-84-9871-159-2
48 páxs.
Cartoné
25 x 23 cm 

Fonte: OQO Editora

Faite socio de BIBLIOPAZOS e lévao para ler na túa casa

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger