xoves, 13 de xuño de 2013

A figueira de Pelostortos - LITERATURA INFANTIL

A figueira de Pelostortos 
Texto de Ana G.ª Castellano
Ilustracións de Mikel Mardones
Tradución do castelán de Antón Fortes
OQO Editora, Outubro 2009
Colección O
+ de 4 anos
 
— Antes me leven as almas en pena que darvos un figo da miña figueira!
 
Hai que ter tino co que se promete ás toas, sobre todo, se o que merecemos é un bo escarmento, tal e como lle ocorre ao avaro protagonista deste terrorífico e divertido conto.
 
A coñecida contacontos Ana García Castellano fai unha adaptación deste relato tradicional español con diferentes versións como O tío Pelostortos. Para iso, conta coas ilustracións de Mikel Mardones, o artista bilbaíno, de recente incorporación ao mundo da ilustración infantil.
 
Nesta versión a relación texto-ilustración é claramente favorable ás imaxes, que ocupan a maior parte do conxunto. Deste xeito, Mardones déixanos neste proxecto unha mostra da súa capacidade creativa, xa probada e desenvolvida noutros eidos artísticos.
 
Os seus óleos de grande forza plástica e colorista recréannos un conxunto de imaxes de ambientación naturista. O álbum presenta unha serie de ilustracións de corte clásico, con inclinacións expresionistas e enorme forza expresiva, con abundantes planos medios e espectaculares primeiros planos.
 
978-84-9871-208-7
40 páxs.
Cartoné
25 x 23 cm 
 
Faite socio de BIBLIOPAZOS e lévao para ler na túa casa
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger